A Xunta reclama un "cambio de rumbo" na futura Lei de Universidades

"Agardemos que non se converta nuhha oportunidade perdida", di.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/03/2022 | Actualizada ás 14:04

Comparte esta noticia

O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, reclamou un "cambio de rumbo" na futura lei orgánica do Sistema Universitario Español (LOSU) para que non se converta "nunha oportunidade perdida", segundo expuxo na Comisión de Educación e Cultura do Parlamento galego.

Fíxoo en resposta a unha pregunta exposta polo deputado do grupo parlamentario do PP, Ovidio Rodeiro, sobre a situación do sistema universitario galego e as posibilidades de mellora nos próximos anos. Tras a intervención do deputado popular, que reivindicou o novo plan de financiamento das univesidades galegas e puxo en cuestión os "mantras" da oposición, en referencia ás críticas feitas, o secretario xeral de Universidades fixo un repaso dos investimentos do citado plan.

Tamén cualificou de "preocupante" o número de alumnos que abandona a universidade, e que cifrou nun 25%, mentres que asegurou que algo máis da metade, un 51,53%, non obtén o título pasados o cinco anos, un ano despois dos graos de catro anos.

Xa en relación á futura LOSU, criticou que "das máis de cen alegacións" presentadas pola Xunta "só se aprobaran cero" e denunciou a pretensión de "impor" un financiamento ás universidades por parte das comunidades autónomas "sen falar", dixo, con estas.

O secretario xeral de Universidade, José Alberto Díez de Castro, á súa chegada á Comisión 4ª do Parlamento de Galicia. XOÁN CRESPO / XUNTA / Europa Press
O secretario xeral de Universidade, José Alberto Díez de Castro, á súa chegada á Comisión 4ª do Parlamento de Galicia. XOÁN CRESPO / XUNTA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta