O delegado do Goberno di que "non hai escusas" para continuar o paro no transporte

José Miñone avogou, así mesmo, por "restablecer o normal funcionamento do transporte" para "non agravar a situación actual que se está vivindo por parte da cidadanía", como consecuencia da guerra de Ucraína.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/03/2022 | Actualizada ás 16:31

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, fixo este venres un "chamamento á responsabilidade dos transportistas" que aínda secundan o paro e instounos a "sumarse ao acordo histórico e beneficioso" alcanzado a pasada madrugada polo Executivo central e o Comité Nacional de Transporte por Estrada e "pór fin ás protestas".

"O acordo alcanzado é un excelente acordo", salientou Miñones, quen agradeceu o "gran esforzo" do Goberno, coa ministra de Transportes á cabeza, e o "diálogo e a capacidade de acordo mostrados en todo momento". Para José Miñones, "xa non hai escusas" para manter o paro, polo que chama a recuperar "a normalidade", tal e como o tecido empresarial está a demandalo.

O delegado do Goberno avogou, así mesmo, por "restablecer o normal funcionamento do transporte" para "non agravar a situación actual que se está vivindo por parte da cidadanía", como consecuencia da guerra de Ucraína.

Miñones lembrou que se trata de case 1.000 millóns de euros de impacto e axudas directas no sector do transporte. "Unha vez alcanzado o acordo, debemos volver á normalidade para seguir afrontando os moitos retos que temos por diante e aproveitando tamén as oportunidades dos fondos de recuperación" que van chegar, salientou.

Arquivo - O delegado do goberno en Galicia, José Manuel Miñones Conde, en foto de arquivo. Beatriz Ciscar - Europa Press - Arquivo
Arquivo - O delegado do goberno en Galicia, José Manuel Miñones Conde, en foto de arquivo. Beatriz Ciscar - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

BRIÓN

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, puxo ao concello de Brión como exemplo de como os pequenos municipios poden aproveitar o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para "avanzar na eficiencia enerxética e no aforro municipal". Miñones visitou este venres o municipio, onde se reuniu co seu alcalde, Pablo Lago, e o equipo de Goberno para analizar os proxectos e propostas presentadas pola localidade ás liñas abertas polo Ministerio.

Segundo indicou a Delegación nun comunicado, o Ministerio concedeu unha axuda de máis de 150.000 euros para que o Goberno local afrontase a renovación enerxética da iluminación da estrada xeral que cruza o concello por Santa Minia/Pedrouzo, Os Ánxeles e O Tremo.

A subvención concedida custo o 80% do total do proxecto e o Concello asume o 20% restante. Inclúese a renovación dos 173 puntos de luz que iluminan a estrada, coa instalación de novos postes, e a actualización dos cadros de mando eléctricos.

Grazas a estas medidas, destacou o representante do Goberno estatal en Galicia, Brión consumirá 27.800 kv menos ao ano. Unha redución que se reflectirá nun descenso na factura da luz, ademais dunha redución da contaminación lumínica e das emisións asociadas á produción desta enerxía non consumida.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta