O paro de transportistas "puxo en compromiso algunha" operación di o conselleiro de Sanidade

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, destacou o "bo labor da plataforma loxística, que recibe periodicamente os envíos" en Negreira, o que, incidiu, "permite ter un colchón de material que fixo pasar un momento tan crítico como nos últimos días cunha repercusión mínima nos centros sanitarios".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/03/2022 | Actualizada ás 16:25

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, destacou este venres que o paro dos transportistas "puxo en compromiso algunha" intervención cirúrxica por falta de persoal e "en risco" probas como analíticas, por falta de tubos para toma de mostras.

Así o manifestou, a preguntas dos medios, tras participar nun acto nas Pontes, onde destacou o "bo labor da plataforma loxística, que recibe periodicamente os envíos" en Negreira, o que, incidiu, "permite ter un colchón de material que fixo pasar un momento tan crítico como nos últimos días cunha repercusión mínima nos centros sanitarios".

"Isto, ademais, xa pasou na pandemia", comentou o titular de Sanidade, quen incidiu en que "ter esa plataforma foi unha peza fundamental na subministración".

"Novamente volve dar esa mostra de boa decisión a de adoptar este modelo centralizado", valorou Comesaña, que manifestou que nos últimos días constataron para poder fornecer aos centros a chegada de "camións á plataforma". "Fomos monitorando que o número de envíos que chegaba baixou en máis da metade", admitiu.

"PODÍA SER MÁIS COMPROMETIDO"

Deste xeito, recoñeceu que "nalgún caso" a falta de subministración pola protesta de transportistas "puxo en compromiso algunha intervención cirúrxica", pero explicou que "coas áreas sanitarias púidose mover equipamento a través da plataforma" entre elas "e non houbo que alterar practicamente nada a programación". No entanto, asegurou que "se seguía así isto podía ser máis comprometido".

"Ata onte (xoves) estabamos nese 60% e nun risco de ter que reprogramar cuestións tan básicas como analíticas por falta de tubos onde se toman mostras ou nalgún material cirúrxico que tivemos que mover entre áreas", detallou. Con todo, destacou "o importante papel que a plafaforma xogou e xoga estes días".

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, nun acto nas Pontes.. XUNTA
O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, nun acto nas Pontes.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta