A Deputación da Coruña aproba axudas por cinco millóns para sectores afectados pola crise

O goberno provincial pretende "activar o plan o próximo mes de abril e tramitalo coa maior axilidade".

Por E.P. | A CORUÑA | 25/03/2022 | Actualizada ás 17:45

Comparte esta noticia

O pleno da Deputación da Coruña aprobou este venres por unanimidade un expediente de modificación de créditos por importe de máis de 61 millóns que inclúe unha partida extraordinaria de cinco millóns de euros para a posta en marcha dun novo plan de axudas urxente aos sectores agrícola, gandeiro, pesqueiro e de transporte por estrada.

Con ela, segundo a institución provincial, habilitarase unha liña de axudas directas destinada a microempresas, autónomos e pemes destes tres sectores estratéxicos para a provincia da Coruña, especialmente afectados pola alza dos carburantes e os efectos económicos derivados da guerra de Ucraína.

O presidente e os portavoces dos grupos que conforman o goberno provincial, PSdeG-PSOE e BNG, agradeceron o apoio unánime de todos os grupos políticos da corporación para pór en marcha este plan de axudas.

Formoso destacou que, unha vez consignados os fondos, o goberno provincial pretende "activar o plan o próximo mes de abril e tramitalo coa maior axilidade, para o que aproveitaremos a experiencia adquirida pola Deputación durante a pandemia co programa Reactiva de axudas á hostalaría".

O expediente de modificación de créditos aprobado polo pleno inclúe tamén unha achega adicional de 42 millóns de euros para o Plan Único, que se suman ao orzamento inicial, de 45,9 millóns.

Pleno da Deputación da Coruña. TORRECILLA
Pleno da Deputación da Coruña. TORRECILLA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta