A UE permite unha "excepción ibérica" pola que España e Portugal poderán rebaixar os prezos da enerxía

Serán "medias excepcionais e limitadas no tempo", anunciou o presidente do Goberno español, Pedro Sánchez.

Por Europa Press / Redacción | Bruxelas | 25/03/2022 | Actualizada ás 20:43

Comparte esta noticia

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou este venres que os líderes europeos acordaron unha "excepción ibérica" que permitirá a España e Portugal adoptar medidas para rebaixar os prezos da enerxía.

O presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez
O presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press.

Sánchez compareceu xunto ao primeiro ministro de Portugal, Antonio Costa, tras máis de nove horas e media de debate para anunciar o que cualificou de "gran logro" para ambos os países, que levan meses traballando neste sentido.

"A partir de hoxe poderemos pór en marcha medias excepcionais e limitadas no tempo para reducir os prezos" da enerxía, sinalou Sánchez, precisando que ambos os gobernos terán que presentar as súas propostas á Comisión Europea para que dea seu aval, para o que se terá en conta "as condicións especiais da Península" como illa enerxética.

O presidente do Goberno recalcou que é "unha medida excepcional, temporal, que non supón subvencionar o gas, que non distorsiona os incentivos para as renovables nin os fluxos eléctricos entre países" e que, en definitiva, "non distorsiona o mercado da electricidade" europeo. "Vainos permitir a ambos os dous gobernos rebaixar os prezos da enerxía", remarcou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta