Un total de 54 persoas atendidas en 46 accidentes de tráfico rexistrados o fin de semana en Galicia

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/03/2022 | Actualizada ás 10:26

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu a 54 persoas debido a 46 accidentes de tráfico rexistrados este pasado fin de semana na rede viaria galega. O sábado foi o día con máis sinistros, cun total de 20.

Segundo informou o 061, a Central de Coordinación recibiu entre as 15,00 horas do pasado venres 25 e as 23,59 horas do 27 de marzo 58 chamadas en relación con accidentes de tráfico.

Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 56. En concreto, as ambulancias efectuaron 51 saídas e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia en cinco accidentes.

En 41 casos os feridos foron levados aos centros sanitarios correspondentes e en 13 ocasións recibiron atención no lugar do sinistro sen requirir traslado. A proporción de homes atendida ascendeu ao 57 por cento e a de mulleres situouse no 43%. Polo seu lado, en canto ás idades dos feridos, o 34% dos atendidos tiña entre os 15 e 29 anos. Por provincias, a da Coruña foi a que rexistrou máis sinistros durante os desprazamentos do fin de semana, con 18; seguida de Pontevedra, con 17; Lugo, con seis; e Ourense, con cinco.

Accidente na Merca (Ourense). GARDA CIVIL
Accidente na Merca (Ourense). GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta