División no PP de Santiago; o médico Fernando Mayo pide un congreso local apoiado por 200 militantes

Denunciou que o modelo presidencialista provoca a desafección política das bases, sendo esta, consecuencia do "hastío de pertencer a un partido que os utiliza só en períodos electorais".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/03/2022 | Actualizada ás 11:56

Comparte esta noticia

O médico compostelán Fernando Mayo Ferreiro está disposto a dar a batalla interna no PP de Santiago para converterse no vindeiro líder local. Arroupado por máis de 200 persoas, afiliados e simpatizantes esta fin de semana nun hotel da capital galega volveu pedir a convocatoria do tan esperado congreso local do Partido Popular e aproveitou o acto para presentar o seu plan de acción.

Acto político do médico Fernando Mayo para liderar o partido en Santiago
Acto político do médico Fernando Mayo para liderar o partido en Santiago | Fonte: remitida

Militantes histórico como María Jesús Torres ou José Manuel Otero destacaron a necesidade dun cambio na política interna do PP en Santiago, mentres que Mayo destacou "aos verdadeiros propulsores" do seumovemento; "as bases, os afiliados, os que aman, defenden e defenderon ao partido incondicionalmente durante tantos anos, e a quen, poucas veces, se lles tivo en conta".

Ademais, destacou que a xestión actual é nefasta, tradicional, arcaica, obsoleta e impropia dunha sociedade moderna". Denunciou que o modelo presidencialista provoca a desafección política das bases, sendo esta, consecuencia do "hastío de pertencer a un partido que os utiliza só en períodos electorais, manténdoos á marxe e no esquecemento o resto do tempo", xerando así, unha "sangría incesante de afiliados e posteriormente un fracaso electoral, mentres nas eleccións autonómicas e xerais os resultados obtidos polo partido, son óptimos e extraordinarios".

Mayo cre que un modelo de xestión diferente e mellor no PP de Santiago " é posible". Por iso, apostou pola participación e a elección de cargos e candidatos polos afiliados, é dicir, desde as bases.  En relación ás críticas xeradas desde a proclamación da súa precandidatura, Mayo, pediu respecto. Por outra banda, solicita á xestora, que ordene, organice e prepare o partido para o próximo Congreso Local, deixando de usurpar funcións municipais, que non lle corresponden, coa intención de promocionarse politicamente, xerando así, unha desigualdade de condicións entre as dúas posibles candidaturas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta