O sector galego aposta polo selo de sustentabilidade: "Non é unha moda, veu para quedar"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/03/2022 | Actualizada ás 13:47

Comparte esta noticia

Co selo Q de Calidade amplamente implantado, o sector turístico galego afronta agora o reto de certificar a sustentabilidade a través dun novo selo posto en marcha polo Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) que, advirte, esta cuestión "non é unha moda, veu para quedar".

Así o dixo Fernando Frade, director do ICTE, que participou en Santiago de Compostela nunha xornada de presentación ao sector do novo selo de sustentabilidade turística, unha ferramenta que certificará que as empresas turísticas "cumpren obxectivos do desenvolvemento sustentable". O proceso de desenvolvemento contou co apoio de Banco Sabadell.

Este selo, explicou Fernando Frade, permitirá ás empresas do sector mellorar en beneficios, acceder a novos mercados, mellorar a reputación cara aos consumidores concienciados, xerar confianza, motivar ao seu persoal ou reducir custos e pegada enerxética, entre outras cuestións.

Presentación en Galicia do selo de sustentabilidade turística do ICTE
Presentación en Galicia do selo de sustentabilidade turística do ICTE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta