O colectivo ConBici organiza unha pedalada en Santiago o próximo domingo 3 de abril

O evento comezará desde á Alameda ás 11:30 e contará coa participación dos representantes de ConBici.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 29/03/2022 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

A asemblea xeral da "Coodinadora Nacional en Defensa de la Bicicleta", ConBici, que representa a todos os colectivos vencellados á mobilidade en bicicleta de España, celebrarase os días 1, 2 e 3 de abril.

Unha persoa circula en bicicleta por unha vía do centro
Unha persoa circula en bicicleta por unha vía do centro | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press - Arquivo.

O venres 1 de abril Laura Vergara, coordinadora xeral de ConBici manterá reunións co director da Axencia Galega de Infraestruturas e posteriormente co alcalde do Concello de Santiago de Compostela. Finalmente ás 19 horas terá lugar unha charla titulada "Activando a mobilidade en bicicleta" no Centro de Estudos Avanzados da USC coa participación dos membros do consello de coordinación de ConBici e a asistencia do concelleiro de mobilidade de Santiago.

O sábado 2 de abril, na Facultade de Física da USC, pola mañá celebraranse as xuntanzas dos grupos de traballo especializados de ConBici (Mobilidade, Cicloturismo, etc) e pola tarde asemblea xeral.

E por último, o domingo 3 de abril culminará este evento a realización dunha pedalada pola cidade de Santiago saíndo da Alameda ás 11:30 horas coa participación dos representantes dos colectivos de ConBici.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta