Temas: SECA AUGA ENCOROS

As reservas dos encoros galegos repuntan lixeiramente por encima do 50%

A auga embalsada en Galicia Costa vai á baixa, posto que supón 455 hectómetros cúbicos, cinco menos que a anterior semana.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/03/2022 | Actualizada ás 20:33

Comparte esta noticia

Os encoros galegos contan con 2.101 hectómetros cúbicos de auga almacenados, o que supón 17 máis que hai unha semana, segundo os datos que publica este martes o Ministerio para a Transición Ecolóxica.

Deste xeito, a capacidade está en 56,5%, aínda que difire o 54,3%  no que están os encoros de Miño-Sil (os de maior capacidade) do 66,5% que computan os de Galicia Costa.

En concreto, en Miño-Sil hai 1.646 hectómetros cúbicos, 22 máis que fai sete días. Esta cifra está lonxe dos 2.427 hectómetros cúbicos de hai un ano, así como dos 2.261 de media da última década.

Con todo, a auga embalsada en Galicia Costa vai á baixa, posto que supón 455 hectómetros cúbicos, cinco menos que a anterior semana. Tamén é menor ao dato do ano anterior (521) e de media de 10 anos (534).

Encoro de Chandrexa de Queixa (Ourense). EUROPA PRESS - Arquivo
Encoro de Chandrexa de Queixa (Ourense). EUROPA PRESS - Arquivo

Temas: SECA AUGA ENCOROS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta