Galicia ten "boas" perspectivas turísticas para Semana Santa

Xa recibe uns 300 peregrinos diarios.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/03/2022 | Actualizada ás 14:28

Comparte esta noticia

O vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Turismo, Alfonso Rueda, manifestou este mércores que o sector ten "bastante boas, moi boas" perspectivas para Semana Santa, non só vinculado co efecto Xacobeo, e subliñou que Galicia está a recibir uns 300 peregrinos diarios, que é un dato que "está moi ben" para esta época do ano.

En declaracións aos medios, Rueda manifestou, no entanto, que "cruzan os dedos" porque, aínda, estamos "na cola da pandemia", ao que hai que sumarlle as consecuencias na mobilidade polo conflito de Ucraína. Con todo, dixo que "a verdade, é que as perspectivas son bastante boas, moi boas", ben tamén vai depender " un pouco da climatoloxía".

Rueda sinalou que esas son as sensacións que ten o Clúster do Turismo e en xeral os profesionais do sector, que en xeral é de "esperanzas e perspectivas moi boas". Nas súas palabras, o responsable de Turismo destacou que se están superando practicamente a diario os 300 peregrinos, que "para esta época do ano está moi ben.

"E todo fai aventurar que non só con respecto ao Xacobeo, senón en canto á afluencia turística en xeral, este pode ser un ano moi bo", sinalou, para rematar que Galicia "está no camiño da recuperación turística". "Todos temos ganas de gozar un pouco e de saír por aí", rematou.

A terraza dun bar, na praza do Obradoiro, a 9 de outubro de 2021, en Santiago de Compostela / César Arxina - Europa Press. / Europa Press
A terraza dun bar, na praza do Obradoiro, a 9 de outubro de 2021, en Santiago de Compostela / César Arxina - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta