TSXG e Xunta solicitan a creación de sete novos xulgados, dúas prazas de maxistrado e un xuíz para Ourense

A petición acordada na comisión mixta prioriza a posta en marcha dun xulgado de Primeira Instancia para Lugo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/03/2022 | Actualizada ás 14:52

Comparte esta noticia

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e a Xunta acordaron solicitar ao Ministerio de Xustiza a creación de sete unidades xudiciais, a dotación de dúas novas prazas de maxistrado para as audiencias provinciais da Coruña e Ourense, así como unha praza de xuíz de adscrición territorial para a provincia de Ourense.

En concreto, froito da reunión deste mércores da comisión mixta composta por TSXG e Goberno galego, Galicia solicita tres novos xulgados de Primeira Instancia para Lugo, A Coruña e Vigo, con prioridade sobre os demais do primeiro.

Tamén reclama un xulgado do Social en Ferrol e tres xulgados mixtos para Ribeira, Vilargacía de Arousa e Viveiro, respectivamente. A proposta acordada complétase con tres prazas: dous de maxistrado para as audiencias da Coruña e Pontevedra, e unha de xuíz territorial para Ourense.

O plantamiento xurdido da reunión encabezada polo presidente do TSXG, José María Gómez e Díaz-Castroverde, e o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda; dá prioridade ao xulgado de Primeira Instancia de Lugo, seguido das dúas prazas de maxistrado. A continuación están os xulgados de primeira instancia na Coruña e Vigo, o xuíz territorial para Ourense e, por último, os xulgados mixtos en Ribeira, Vilagarcía e Viveiro --nesa orde--.

Nun comunicado, o alto tribunal galego incide en que polo momento se descoñece o número de unidades que o Goberno central prevé crear en Galicia este ano e que a proposta pactada na comisión mixta realízase con aquelas unidades que "teñen maior carga de traballo estrutural, é dicir, non motivada por unha situación conxuntural que pode ser solucionada a través de reforzos temporais".

Xulgados de Vigo
Xulgados de Vigo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta