Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/03/2022 | Actualizada ás 20:07
Un home faleceu este mércores en Cambados ao ser alcanzado por unha fresadora cando traballaba nunha leira situada no lugar de Castrelo. Segundo fontes dos servizos de emerxencia, o suceso tivo lugar ás 17,15 horas deste mércores nunha leira particular. A vítima, de idade avanzada, foi alcanzada pola máquina cando esta se desprazaba cara atrás. Faleceu no lugar a consecuencia das feridas provocadas pola fresadora.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.