O papel de La Voz e El Correo na crise de Santiago

Feijóo utilizou a La Voz de Galicia para tumbar a Currás, mentres que o ex alcalde apoiouse en El Correo Gallego.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 10/06/2014 | Actualizada ás 11:39

Comparte esta noticia

“Estes agora van ter que vir comer da nosa man”. Deste xeito se refería un dirixente do PPdeG do sector de Feijóo ao falar de El Correo Gallego. E é que a guerra interna do Partido Popular na capital galega tamén foi unha guerra de medios de comunicación.

Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey
Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey | Fonte: GC

Feijóo e a súa xente utilizou, desde o primeiro momento, a La Voz de Galicia para acosar ao goberno de Ángel Currás, xa desde case o mesmo momento no que foi designado por Gerardo Conde Roa como o seu sucesor, en contra da decisión da dirección do Partido Popular galego que prefería a Paula Prado.

Desde entón, a división entre La Voz e o concello foi total. Non pasaba o mesmo con El Correo Gallego que era o medio de cabeceira de Currás e dos seus concelleiros afíns, especialmente, Reyes Leis.

Referencias na Operación Pokemon

De feito, en varias partes do sumario da Operación Pokemon, e tal e como xa contou GC, xa se alude a esta preferencia de medios por uns e outros. Así, por exemplo, cando se coñece que Conde Roa vai ser imputado por fraude a Facenda, e para evitar que o tema se extenda noutros medios ademais de El Pais, Ángel Espadas recomenda que se chame a La Voz en Santiago para que "no se pasen con el tema de Gerardo" porque "el tema pinta mal y hay mucha presión". "El Correo Gallego pasa del tema, y que en la Voz de Galicia, por lo  menos, no lo aniquilen" xa que "con El Pais no hay nada que hacer". Nas conversas recollidas por Vigilancia Aduaneira tamén se fan referencia as suculentas sumas de diñeiro por publicidade que ingresan algúns destes dous medios.

O sumario tamén dá conta como o PP de Santiago empregou a La Voz de Galicia para filtrar detalles da investigación -daquela baixo secreto sumarial- co fin de que o foco mediático se centrase no PsdeG. En concreto, Vigilancia Aduanera describe como Ángel Espadas, imputado e ex-xefe de Gabinete do Concello, filtrou a La Voz datos da investigación sobre Bernardino Rama, concelleiro do PsdeG tamén imputado neste sumario.

Ángel Espadas e La Voz de Galicia

As escoitas a Ángel Espadas son moi reveladoras sobre o porqué  do enfoque editorial de La Voz. O ex-número 2 do PP de Santiago mantén unha próxima relación con directivos deste xornal, que, ademais, lle teñen feito varias entrevistas. Cando o alcalde Gerardo Conde Roa tivo que dimitir ao ser condenado por fraude fiscal, La Voz posicionouse claramente co bando da daquela concelleira Paula Prado e o propio Espadas, enfrotado ao bando de Ángel Curras e a concelleira Reyes Leis. Unha das conversas gravadas explica o motivo deste posicionamento editorial:

Que el día 27-06-12, sobre las 17:21 horas, Ángel Espadas Díez (teléfono 639******) recibe llamada de Fran (teléfono 6676******). (...)Espadas le dice que estuvo comiendo con el delegado de la Voz de Galicia, hablando de mi vida y de su vida y de los problemas de los medios de comunicación y de la política local y tienen un marcaje superferreo con Reyes Leis, porque se temen lo peor, Reyes trabajaba en el correo Gallego. 

Reyes Leis e El Correo

No lado contrario tamén a Pokemon recolle varias conversas nas que se alude de xeito indirecto ás chamadas de Reyes Leis a El Correo Gallego para tentar “suavizar” certos temas ou críticas co futuro novo alcalde –daquela Currás-- e contrarrestar as informacións que publicaba La Voz de Galicia de fontes da “dirección do partido”. Este xornal mesmo chegou a publicar conversas do sumario nas que aparecía o nome do delegado de La Voz de Galicia, Ignacio Carballo.

Liñas editoriais enfrontadas

De feito, durante todos estes últimos meses as liñas editoriais dos dous grandes medios no tocante a situación interna do PP foi radicalmente diferente. La Voz foi das máis críticas co alcalde e os seus edís afíns, posicionandose sempre a favor do sector da dirección do PPdeG. Pola contra, El Correo Gallego adoptou a postura contraria, defendendo sempre a Currás e Reyes Leis e sendo máis crítico co sector de María Pardo, María Castelao ou Rebeca Domínguez.

Os titulares e as informacións deste martes son moi elocuentes a este respecto. Así, mentres La Voz aínda critica que Currás siga como edil, El Correo Gallego critica que a súa dimisión foi por mor da dirección do partido. “Dimite Ángel Currás por imposición de la cúpula del PP gallego y el conselleiro Agustín Hernández será nuevo alcalde de Santiago”, titulaba El Correo. “Currás dimite como alcalde de Santiago, aunque permanecerá como concejal”, apuntaba La Voz.

Este luns, unha instantánea resumía moi ben o que estaba pasando en Santiago. Cando xa se cociñaba a dimisión de Currás como rexedor, Alberto Núñez Feijóo e Santiago Rey, editor e propietario do Grupo Voz, acudían xuntos á toma de posesión do novo reitor da USC, xusto cando xa todo o mundo falaba da ausencia clamorosa de Currás. Desta volta, semella que La Voz lle gañaba a partida a El Correo Gallego.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

7 Unxurxoquesabe

É incrible como retorcedes e manipulades os feitos: foi La Voz quen durante meses denunciou a inacción de Feijoo en Santiago, erro que non fixo máis que magnificar a desfeita. Non houbo alianza entre a dirección do PPdeG e La Voz, pero claro, iso non vai coa liña editorial de GC e por iso tedes que mentir. A xente xa vai sabendo de que ides.

6 anonimo

Cómo pode ser que o presidente da Xunta chegue a Fonseca xunto ao propietario do xornal coruñés? Cómo pode se que os compostelanos permitamos que este xornal coruñés (o de "PORTO EXTERIOR DE 1000 MILLÓNS SI, CIDADE DA CULTURA NON") marque ao seu antollo e interesadamente a axenda de Santiago? Penso que falta entre os santiagueses sentimento de cidade e de velar pola mesma.

5 anonimo

Esto no es una democracia. Lo medios están comprados y con nuestro dinero para más recochineo. La Voz es el máximo exponente, quiere ser el Prisa de Galicia, tienen a la Xunta siempre cogida por ahí. Son unos chulos.

1 Untu de Osu

Aínda te enteraches agora...?

2 Alguén que sabe do asunto

Todo, isto pasa porque os lectores son nada máis que cabezas ocas, receptoras de medias verdades que transforman en dogmas pola súa ignorancia e falta de capacidade crítica. É a cultura do Pais e non os medios que fan todo isto. Cultura é iberdade. Un xornal é o que os lectrores queiran cando os lectrores son de verdade, non sinxelos xunt palabras e loritos amaestrados.

4 Franquicia

Pois Miguel Anxo Fernández Lores, o alcalde da UPG, tamén se apoia en LVG (especiais de propaganda incluídos) desde a cápsula de propaganda que administra e dirixe coa colaboración de persoas, contratadas, ben achegadas ao líder municipal do BNG de Santiago. Que cousas ten a mestura de xornalismo e a política. A que se fai en secreto e ás costas da cidadanía.

1 Eskorbuto

Ti es un maledicente! Se o BNG merca espazos será porque nos medios públicos non lle dan bóla nin patrás, aí están as probas. É coma se protestamos polo tempo que lle deron a AGE en Vtv ou na mesma LVG ou das chamadas que facían Palleiro et al. ou de Pablemos na sexta tv. Se o capital fai as súas contas é cousa súa e se ti ques gañar en Pontevedra, xa sabes, fai ujn programa de goberno mellor do que hai. Do caso teño que dicir que si me amola esta victoria política de LVG. Se Sabón é o poder operante na Gz, isto xa non ten remedio, xente.

3 Agora PODEMOS

Este é o entramado político, económico e mediático dos parásitos da casta.