A UDC ofertará o próximo curso académico 3.336 prazas para novo alumnado e incorpora outros dous títulos

Por E.P. | Santiago de Compostela | 31/03/2022 | Actualizada ás 18:38

Comparte esta noticia

O Consello de Goberno da Universidade da Coruña (UDC) aprobou o límite de prazas para as titulacións de grao para o próximo ano académico. En concreto, ofrecerá 3.336 prazas de primeiro curso para o novo alumnado, 37 vacantes máis que o curso pasado, segundo informa o reitorado.

A UDC incrementa o número de postos o Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos que se imparte no centro adscrito da Coruña, en cinco máis, e os dous graos en Enfermaría, tanto no centro adscrito da Coruña como o da Facultade de Enfermaría e Podoloxía en seis prazas máis cada centro.

Facultade de Ciencias do Traballo
Facultade de Ciencias do Traballo | Fonte: UDC.

Haberá tamén dez vacantes máis para o Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos que se imparte na Facultade de Informática e finalmente, aumentan tamén as prazas, en dez, no Grao en Turismo, na modalidade presencial.

Así mesmo, incorpora para o próximo curso o Grao en Intelixencia Artificial (interuniversitario coas universidades de Santiago e Vigo), na Facultade de Informática, e o Grao en Relacións Internacionais (interuniversitario coa Universidade de Vigo), na Facultade de Humanidades e Documentación.

O Grao en Relacións Internacionais será multilingüe en inglés, polo que será necesario presentar certificado que acredite coñecemento indispensable deste idioma antes de efectuar a matrícula. Esta titulación, xunto coa de Xestión Industrial da Moda son os únicos graos en Galicia considerados como "bilingües".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta