Alberto Barciela gaña o Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro

Por E.P. | Santiago de Compostela | 31/03/2022 | Actualizada ás 20:28

Comparte esta noticia

O xornalista Alberto Barcielo foi recoñecido co Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro polo seu artigo 'La valija diplomática de Laxeiro'.

O xurado do galardón, convocado polo Concello de Lalín, destaca do texto "a calidade literaria, a potenciación do produto local e a unión da cultura co mundo gastronómico".

Nado en Redondela no ano 1962, Barciela é colaborador en distintos medios nacionais e internacionais, ademais de colaborar no programa de Onda Cero 'Gente Viajera'.

Alberto Barciela
Alberto Barciela

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta