Pontón: "a Xunta segue de brazos cruzados ante unha crise que afoga as familias"

A líder do BNG acusa ao Executivo autonómico de non tomar medidas contra a alza de prezos por estar Feijóo en campaña interna.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/04/2022 | Actualizada ás 13:59

Comparte esta noticia

A líder do BNG, Ana Pontón, criticou que o presidente da Xunta e candidato á Presidencia do PP, Alberto Núñez Feijóoo, leve "máis dun mes desenchufado de Galicia", cun goberno "en modo pausa" e "incapaz" de pór solucións aos problemas dos galegos. Tras manter un encontro con mozos universitarios en Santiago de Compostela, Pontón censurou que mentres hai unha crise que "afoga ás familias e pon en grave risco sectores produtivos e empregos", o Goberno da Xunta continúa "ausente", sen achegar "nin unha soa medida ao longo de todo este tempo e sen publicala no Diario Oficial de Galicia (DOG)".

"Os galegos e galegas non temos ningunha resposta por parte da Xunta e o único que nos deixa é un presidente desenchufado durante máis dun mes de Galicia e cun goberno sen solucións", remarcou a portavoz do Bloque, que considerou que os galegos non poden estar ante "un goberno en modo pausa".

Así, Pontón lembrou que todos os galegos "pagan" aos conselleiros e conselleiras da Xunta os seus salarios "para achegar solucións e non para resolver os problemas os problemas internos do PP". "Se alguén tiña algunha dúbida de que para Feijóó o primeiro é o PP, hoxe mesmo vai despexala e vemos como o PP utiliza as institucións para o seu servizo", sostivo.

Para a portavoz nacional do Bloque, é unha mala noticia que non se separe o goberno do partido. "E o problema non é que hoxe o PP celebre o seu congreso en Sevilla, o problema é que levamos un mes no que os galegos e galegas seguen asfixiados pola subida da luz e dos carburantes, con miles de litros de leite tirados e toneladas de peixe podrecidas por non poder ser distribuídas e a Xunta permaneceu de brazos cruzados, só pendente de resolver os problemas internos do PP", sinalou. Fronte a iso, asegurou que os gobernos deben de estar ao servizo das persoas e que a Xunta non pode seguir "ao servizo dos intereses do PP e as ambicións de Feijóo".

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, mantén un encontro con estudantes universitarios en Santiago de Compostela
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, mantén un encontro con estudantes universitarios en Santiago de Compostela | Fonte: Europa Press

BOLSAS

Pontón aproveitou a xornada para propoñer subir un 15% as bolsas educativas para axudar ás familias a compensar a escalada dos prezos. En declaracións aos medios, a líder dos nacionalistas galegos remarcou que a crise económica está a afectar gravemente ás familias e sectores económicos e de forma especial "ás expectativas da mocidade".

"Desde a xeración 'millennial' á xeración 'Z', estes mozos só coñecen a palabra crise, precariedade, baixos salarios e emigración", sinalou Pontón, que advertiu de que se non se s capaz de ofrecer un futuro diferente á xente nova "sería un fracaso como sociedade". "Urxe pór o foco nas alternativas valentes para este futuro", remarcou.

De igual modo, apelou a escoitar as demandas dos mozos para implementar medidas cara a "un futuro de esperanza". Neste sentido, recalcou que estes mozos trasladan as "grandes dificultades ante a subida da luz, a vivenda, o combustible e, tendo en conta que a xente nova conta cunha menor capacidade adquisitiva, é necesario por encima da mesa medidas para paliar esta situación".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta