Bugallo, sobre a fusión de Santiago con Teo: "habería que preguntarlle aos veciños"

O rexedor de Compostela asegura que "non hai unha negativa" da capital pero subliña as moitas dificultades que xurdirían no proceso.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/04/2022 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asegurou que unha hipotética fusión entre o concello compostelán e Teo sería un tema "extremadamente complexo" e que tería que ser consultada cos veciños de ambos os municipios. En rolda de prensa, o rexedor subliñou que a fusión entre Teo e Santiago é un tema que xorde "cíclicamente" e co que hai que ser "moi prudentes" xa que calquera manifestación "podería ser interpretada de forma incorrecta".

El deixou claro que non hai unha "negativa" por parte do Concello de Santiago, pero destacou as "dificultades de xestión" que suporía un municipio "dese calibre", polo que, ao seu xuízo, o "máis positivo" é avanzar na mancomunidade dos servizos e a colaboración entre concellos. Tamén indicou que habería que analizar de forma conxunta unha decisión así, contando cos municipios de arredores e destacou que as persoas de Teo "son de Santiago a efectos prácticos". "Non me imaxino unha decisión sen consultar cos veciños de ambos os concellos", subliñou.

CONTRATOS A DEDO

Por outra banda, preguntado por se o goberno local está a abusar da contratación "a dedo", como critican algúns partidos da oposición, Bugallo indicou que son "contratos menores" e que por lei, os contratos de menos de 18.0000 euros realízase dunha determinada forma. Recoñeceu que en 2020, durante as peores etapas da pandemia, si que houbo que facer diferentes contratos menores porque eran "imprevistos" que non estaban recollidos nos orzamentos, pero iso non significa que sexan "a dedo".

Entre outros temas, Bugallo tamén quixo desexar "acertos" ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que este fin de semana comezará a liderar o PP a nivel nacional, subliñando a importancia de que os 'populares' se acheguen a posicións "centrais" e se afasten de pactos con Vox. Así mesmo, a parcela onde se situaba o antigo colexio Peleteiro foi tamén un dos temas da rolda de prensa, insistindo o alcalde na necesidade de "desbloqueala" e que se poida dar resolución a un tema que leva "20 anos sen resolverse".

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta