Jácome e DO cobrarán 270.000 euros cos votos do PP

Recupera os 90.000 euros mensuais que percibía DO antes da saída dos catro concelleiros non adscritos, unha asignación á que inicialmente se opuñan os populares. A exmembro de DO María Dibuja foi expulsada por botarlle en cara ao alcalde que cobrará esta asignación "de todos os ourensáns".

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 01/04/2022 | Actualizada ás 19:22

Comparte esta noticia

O pleno de Ourense volveu a vivir unha xornada de polémica e enfrontamento entre o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, e os grupos da oposición, que abandonaron a sesión despois de que a concelleira non adscrita e exmembro de Democracia Ourensá María Dibuja fose expulsada.

A pesar da saída dos edís de PSdeG, BNG, Cs e os non adscritos --excepto o ex concelleiro Laureano Bermejo--, a sesión puido continuar, xa que a permanencia de DO e PP, sumada á de Bermejo, mantivo o quórum necesario para poder celebrar o pleno. En todo caso, a sesión durou menos do previsto, xa que a maioría de iniciativas que quedaban por debater eran dos grupos ausentes.

Todo este episodio estivo motivado pola expulsión da sesión de María Dibuja, unha das concelleiras que abandonou Democracia Ourensá tras a denuncia contra Jácome. Para a oposición, a orde do alcalde non estaba motivada, polo que decidiron saír do pleno.

O motivo esgrimido por Jácome para tomar esta decisión foi que Dibujaa estaba "a vociferar constantemente" desde o seu asento no Auditorio Municipal. Ambos protagonizaran antes un enfrontamento verbal a conta dun debate sobre as asignacións económicas aos grupos. A proposta levada a pleno polo propio alcalde pretendía recuperar os 90.000 euros que percibía DO antes da saída dos catro concelleiros non adscritos, entre eles Dibuja.

A proposición fora levada a un pleno con anterioridade, en concreto ao do pasado mes de novembro, pero alí o Partido Popular pedira a retirada da orde do día por non consideralo "o momento oportuno para o seu debate". Finalmente, o apoio do PP permitiu que saíse adiante, polo que o partido de Jácome recuperará con efectos retroactivos desde xaneiro de 2021 estas contías económicas. En total, 270.000 euros.

Tras a votación, Dibuja iniciou a defensa dunha iniciativa sobre cambio climático cunha alusión directa ao alcalde, ao que felicitou por "levar 90.000 euros máis dos cidadáns". A continuación, produciuse a lea que derivou a expulsión do pleno da edil non adscrita.

CRÍTICAS DOS GRUPOS

Despois isto, o pleno continuou co debate dunha moción do Partido Socialista para homenaxear ao escritor Carlos Casares con motivo do 20 aniversario do seu falecemento. A iniciativa aprobouse por unanimidade aínda que as quendas de palabras empregáronse para criticar a actitude do rexedor, trasladando que non había motivo para a expulsión da concelleira.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome / Rosa Veiga - Europa Press.  / Europa Press
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome / Rosa Veiga - Europa Press. / Europa Press

Así pois, quedáronse na sala o tres edís de Democracia Ourensá xunto co rexedor municipal, ow cinco concelleiros do PP e o non adscrito, ex de Cs, Laureano Bermejo, pero como a maior parte das mocións eran de grupos non presentes no auditorio non puideron tratase.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

3 anonimo

Jácome non fai os plenos en directo porque sexa moi transparente, senón porque no rollo tipo " bronca" macarra está na súa salsa. E o que pretende, non se trata de transparencia, senón de autopropaganda. E Gamela, un pouco inocentemente, o pon coma exemplo. O mundo ao revés.

1 Gamela

"autopropaganda" abrir os Plenos á Cidadanía ? Entón a isto como lle chamarías tí ? https://flic.kr/p/2mvH3cb En fin cada quen mira o que quere mirar... Saúde Ourense !

2 Gamela

Na conta de resultados de Jácome debéramos agradecerlle retirar da política a Jesús Vázquez que coma Conselleiro de Educación cobraba as baixas laborais inferiores a 15 días. Con este individuo estar 3 días de baixa por unha gripe costaba 150 € na nómina do mes, seguro que foi un gran avance na defensa do ensino público en Galicia. Jácome despide a Jesús Vazquez // https://youtu.be/CR2-bzsgwG0?t=1895...

2 anonimo

Gamela confunde duas cousas. Unha cousa é que aos plenos dos Concellos poida asistir o público, e outra que os acordos do Pleno non sexan " públicos" no sentido de que os seus acordos poidan ser consultados por calquera, algo sempre posible. E, outra cousa, a aprobación definitiva dos PXOU corresponda á Xunta. En fin, quizá fora posible ter mais coñecementos e adoptar unha postura menos neura ¿ Ou non ?

1 Gamela

Os acordos do Pleno só son firmes cando se publican as Actas (no vindeiro pleno con sorte) e mentras tanto a Prensa Subvencionada retransmite os "acordos do Pleno" como lle interesan á maioría do PSOE que goberna Vigo dende hai 15 anos! É dicir, durante a pandemia pasamos 19 meses sen acceder á documentación dos Plenos (incluso a propia oposición denunciou esta falta total de transparencia sen éxito algún!) En canto ao PXOM existe unha aprobación inicial ~ un prazo de alegacións ~ e por último a tramitación á Xunta de Galicia e ao final regresa ao Pleno para a súa Aprobación Definitiva. Así que mentras tanto o Concello segue facendo a súa política contándolla aos cidadáns como lle peta (Vía Prensa do Réxime) ! Non é tan complicado facer o que fai Jácome: abrir o YouTube e mesmo abrir o Chat en Directo para que os cidadáns podan comentar a xogada ! Si ou non ?

1 Gamela

Que Jácome sexa funesto para Ourense non se discute (como Abel é funesto para Vigo) Pero Jácome ten unha vantaxe dende o punto de vista democrático, que os Plenos son Públicos (en Vigo botamos 19 meses con plenos a porta pechada e aprobando o PXOM sen que a oposición coñecera siquera os documentos da Xerencia de Urbanismo!) En fin aquí volo deixo por se tedes ganas de ver en que consiste a trifulca de baixísima intensidade (ao meu xuizo) https://youtu.be/H4LJQhBhYFk?t=1001... Se o PP segue apoiando a Jácome será porque Villarino busca unha tacada doble: Concello + Deputación (?) Pero eso non será culpa de Jácome supoño (?)