Dous pilotos feridos no Rally de Noia ao caer por un desnivel e chocar contra unha árbore

Ocorreu na estrada DP-6202, entre Outes e Valadares.

Por Europa Press / Redacción | Noia | 02/04/2022 | Actualizada ás 14:21

Comparte esta noticia

Dous participantes no Rally de Noia resultaron feridos despois de sufrir un accidente no que o seu vehículo caeu por un desnivel e chocou contra unha árbore nun tramo pechado da estrada DP-6202, entre Outes e Valadares.

Sergio Vallejo nun campeonato de Rally
Sergio Vallejo nun campeonato de Rally | Fonte: FB Vallejo Racing

Segundo informou o 112 Galicia, os servizos de emerxencias que se atopaban no tramo tiveron que liberar os dous ocupantes do automóbil. Para atender os feridos, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 enviou o helicóptero con base en Ourense, ademais dos servizos sanitarios xa presentes no lugar e dispostos pola organización, e dúas dotacións máis desprazadas noutras tantas UVI móbiles.

Deste xeito, os grupos de intervención que realizaban traballos de control na zona, como o GES de Noia e voluntarios de Protección Civil, iniciaron os labores para sacar a piloto e copiloto do vehículo sinistrado. Ademais, o CIAE-112 Galicia tamén mobilizou ao GES de Muros, os Bombeiros de Boiro, Garda Civil de Tráfico e Policía Local.

A central de emerxencias informou que os dous feridos recibiron asistencia sanitaria no punto e un deles foi evacuado ao centro hospitalario de referencia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta