O Sergas fixa servizos mínimos "imprescindibles" durante a folga en Ourense

Desenvolverae os días 6, 20 e 27 de abril de 2022.

Por E.P. | OURENSE | 05/04/2022 | Actualizada ás 13:04

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) fixou uns servizos mínimos "totalmente imprescindibles" para a "adecuada cobertura" da asistencia sanitaria durante a folga convocada pola Xunta de persoal da área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras no distrito sanitario de Ourense os días 6, 20 e 27 de abril.

Así o recolle unha orde da Consellería de Sanidade publicada este martes no Diario Oficial de Galicia (DOG), en relación á convocatoria de folga dirixida a todo o persoal do distrito sanitario de Ourense, que se desenvolverá os días 6, 20 e 27 de abril de 2022 entre as 10,00 e as 12,00 horas e as 17,00 e as 19,00 horas.

A Administración sanitaria puntualiza que a convocatoria "alcanza á prestación asistencial que se dispensa nas dúas quendas de traballo coincidentes co desenvolvemento da folga, durante varios días e en todos os centros sanitarios públicos existentes no distrito, afectando o tempo a todo o persoal que presta servizos neles baixo a dependencia da estrutura organizativa da área sanitaria".

E puntualiza que o contexto no que se vai desenvolver supón "un escenario de crise sanitaria que motivou, como é público e notorio, a progresiva adopción, evolución e adaptación de medidas preventivas, de contención, seguimento e de actuación en materia de saúde pública e asistencia sanitaria" como consecuencia da evolución da pandemia do coronavirus Covid-19.

"Así, e a pesar da positiva evolución da situación epidemiolóxica de Galicia, segue existindo unha importante circulación do virus e o consecuente risco de transmisión, con incidencias aínda significativas nas persoas usuarias dos centros e establecementos recolleitos nesta orde, nos cales debe, en calquera caso, preservarse a asistencia máis completa posible ás persoas enfermas e afectadas, diagnosticadas ou susceptibles de selo, por patoloxías compatibles ou confirmadas de infección polo SARS-CoV-2", resalta Sanidade.

Por iso, defende que os servizos mínimos "deberán cohonestarse coa salvagarda das medidas emprendidas nos centros do Servizo Galego de Saúde e en particular no distrito sanitario de Ourense". Por iso, indica que "se trata de conciliar, en suma, o lexítimo exercicio do dereito de folga co elenco de actuacións que a Administración implantou, e continúan vixentes na actualidade, co fin de dispor dos recursos humanos necesarios para facer fronte ao incremento e a natureza da carga asistencial motivados pola pandemia".

COBERTURA 100%

Por tanto, establécese a cobertura do 100% da actividade urxente de persoal facultativo do ámbito da atención hospitalaria nos servizos de urxencias e gardas médicas, así como en quirófanos urxentes para a atención das persoas usuarias que requiran intervención cirúrxica inaprazable e salas de partos.

Arquivo - Persoal do Sergas.. XUNTA - Arquivo
Arquivo - Persoal do Sergas.. XUNTA - Arquivo

Tamén será do 100% a actividade en unidades de reanimación, unidades de coidados intensivos, de adultos ou pediátricas e unidades coronarias, no seu caso, área de diálese e área de tratamentos oncolóxicos (hospital de día).

Así mesmo, establece cobertura do 100% da "actividade inaprazable nas unidades de hospitalización por Covid" e nas áreas de medicina preventiva, saúde laboral e microbioloxía. E na actividade cirúrxica de pacientes, tanto hospitalizados como ambulatorios, con respecto ás patoloxías que poñan en perigo a súa vida ou agraven o seu estado de saúde, en especial procesos neoplásicos.

En Atención Primaria a cobertura será do 100% da actividade urxente. E no tramo ordinario de atención nos centros de saúde (non PAC) prestarase a asistencia urxente ou inaprazable da unidade, calquera que sexa a modalidade da prestación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta