Detido un ciclista tras tras negarse a abandonar unha autoestrada e agredir a un axente

Os feitos tiveron lugar no quilómetro 20,8 da autoestrada AP-9F no termo municipal de Cabanas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/04/2022 | Actualizada ás 09:37

Comparte esta noticia

O destacamento da Agrupación de Tráfico da Garda Civil de Ferrol detivo a un ciclista veciño de Pontedeume como presunto autor dun delito de atentado contra axente da autoridade e outro de desobediencia grave tras tentar agredir aos efectivos que o ían a identificar, ao que se negou, por circular por unha autoestrada en Cabanas.

Segundo relatou o Instituto Armado, os feitos ocorreron por mor da alerta recibida na Central Operativa de Tráfico (COTA) da Coruña procedente do Centro Integrado de Atención de Emerxencias (CIAE 112) sobre a presenza dun ciclista no quilómetro 20,8 da autoestrada AP-9F no termo municipal de Cabanas.

Os operadores de COTA enviaron a unha patrulla do Destacamento de Ferrol para que se trasladase ao momento co fin de verificar a existencia desa incidencia. Unha vez no lugar, os gardas civís actuantes constataron a presenza deste ciclista, ao que comunicaron que a circulación deste tipo de vehículos está prohibida en autoestradas, polo que tiña que abandonar a mesma, ao que se negou, resaltan as mesmas fontes.

"A Garda Civil cominou reiteradamente ao ciclista a identificarse e abandonar a vía, opóndose esta persoa en todas as ocasións a seguir as indicacións dos efectivos actuantes", subliña a Benemérita. Ante as reiteradas negativas, os gardas civís comunicáronlle que de persistir na súa actitude procederían á súa detención como presunto autor dun delito de desobediencia grave, tras o que o ciclista tratou de agredir a un dos axentes.

Por iso, a Garda Civil procedeu á detención deste individuo como presunto autor dun delito de atentado a axente da autoridade e outro de desobediencia grave.

A Garda Civil cun ciclista. GUARDIA CIVIL
A Garda Civil cun ciclista. GUARDIA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta