Detida María Osorio en busca pola súa pertenza a Resistencia Galega

Hai uns días a moza aparecera, a través de videoconferencia, nun acto organizado para apoiala.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/06/2014 | Actualizada ás 10:27

Comparte esta noticia

A Garda Civil detivo esta noite en Ponferrada (León) a María Osorio López, condenada a sete anos, nove meses e un día de prisión por integración na organización Resistencia Galega.

María Osorio
María Osorio | Fonte: Sermosgaliza.com

Segundo informou o Ministerio do Interior, a moza, que se atopaba fuxida da xustiza, foi detida nun domicilio desta cidade. Sobre ela pesaba unha orde de ingreso en prisión tamén por falsificación de documento público con fins terroristas.

Osorio realizou unha videoconferencia pública o pasado 7 de xuño na que manifestou a súa intención de manterse na clandestinidade e de non presentarse no cárcere para cumprir a condena. Precisamente, esa aparición pública sería o detonante para a súa detención xa que as forzas de seguridade estaban xa sobre a súa pista.

A Audiencia Nacional condenou a María Osorio hai un ano, xunto a outro tres integrantes de Resistencia Galega, a penas de entre 10 e 18 anos de cárcere polos delitos de integración en banda terrorista, tenencia de explosivos e falsificación, todo iso no marco da primeira sentenza en tales termos ditada para membros desta organización.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

5 Uxía

Inútil ata para manterse na clandestinidade.

1 Uxío

Id.iota até para comentar no Galicia Confidencial.

2 Uxío

Id.iota até para comentar no Galicia Confidencial.

3 Uxía

Xa estás a contestar con violencia a quen vos deixa en evidencia. Non digo que fose James Bond, pero esperabamos un pouco máis dunha á que poñedes como exemplo de loitadora. Pero queda claro que é unha inútil e pode que sexa aínda algo moito peor. Prefiro á xuventude galega que estuda ou traballa

4 xoven traballadora

Cala a boca e traballa, aparvallada.

4 Galegófobo

Que perigosa terrorista á que se lle ocorre dar unha videoconferencia. O mesmo efecto que lanzar unha bengala de posición. Catro rapaces con catro petardos e carta branca para criminalizar a todo o nacionalismo e a esquerda dende os medios oficiáis. Outra manobra impecable dos tontos útiles...

3 A miña solidaridade, Patriota

Que honra que un fascista te chame terrorista. Tranquis, non fai falla moverse do ordenata, que esto se arregla votando aos trotskos frikis de Podemos, jajajajaja

2 Arenga

E a isto se lhe chama meio de comunicaçom independente?? A mesma nova sem mudar-lhe nem um ponto que no ABC, Libertaddigital, etc Vergonça,

1 patriota

Umha vergonha. Nao ha meios independentes neste pais. Tinha que titular "Cazan a umha patriota galega mentres durmía prácidamente". Iso de ter saído numha videoconférencia nao foi boa ideia.

1 Anibal

Que psaa en TVG co contrato de Silvia Jato?????