Un home tentou levar a unha nena á saída dun colexio na Coruña

A persoa quixo facerse pasar por coñecido da familia.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 06/04/2022 | Actualizada ás 12:58

Comparte esta noticia

Unha familia denunciou ante a Policía Nacional que un home tentou levar á súa filla menor á saída dun colexio da Coruña, segundo confirmaron a Europa Press fontes policiais.

O caso está a investigarse tras a denuncia presentada o pasado día 4 e por uns feitos que se produciron no exterior do colexio Compañía de María.

Desde o propio centro e desde outros limítrofes, pediuse ás familias que extremen as precaucións tanto á entrada como á saída dos seus fillos e fillas. Aínda que trasladan unha mensaxe de tranquilidade, piden ser "cautos".

Segundo o que transcendeu do caso, a persoa tentou facerse pasar por coñecido da familia e tratou de levar á menor, sen que lograse o seu obxectivo.

Varios nenos e nenas entran ao CEIP Manuel Mallo de Nadela
Varios nenos e nenas entran ao CEIP Manuel Mallo de Nadela | Fonte: Carlos Castro - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta