O apresamento de María Osorio, na prensa inglesa

O Daily Mail di que o Goberno español “arrestou unha separatista” que estaba fuxida.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/06/2014 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

“A Policía española arrestou unha muller fuxida que estaba condenada por pertencer a un violento grupo separatista”. Así comeza a nova que este luns publica o xornal británico Daily Mail ao referirse ao apresamento de María Osorio. 

María Osorio
María Osorio | Fonte: Sermosgaliza.com

A moza fora condenada a sete anos, nove meses e un día de prisión por integración na organización Resistencia Galega. “Este pequeno grupo procura a independencia da rexión noroeste de Galicia”,  engade o xornal, que lembra que este grupo chamou a atención das autoridades logo de que un dos seus membros fora arrestado en posesión de explosivos en novembro de 2011.

En España hai grupos separatistas en Galicia, na zona oriental en Catalunya e no noroeste na rexión basca. O máis coñecido é o grupo armado ETA, que matou a máis de 825 persoas nunha campaña pola independencia  que durou catro décadas”, conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

8 Xanti

Eu non vexo a nova nise xornal por ningures (a ligazón conduce á páxina do xornal ademais, non á da nova).

7 Becquer

Que honra que os fascistas te chamen terrorista. Que é terrorismo? -dis mentras clavas no meu corazón o teu fascismo de camisa azul. Qué é terrorismo? e ti mo preguntas? terrorismo...es ti...capitalismo. Deixade que ladren os escuros cans parvos útiles do colonialismo español, eses analfabetos políticos quedan na casa e votan a Podemos, que lles vai resolver os problemas jajajaja Millor morrer de pe que te maten de xeonllos.

1 Cuchi cuchi

Ala, moi ben, agora dalle un besiño a mamá e pra cama que mañá tes exame de Sociales. Boas noites

2 Examíname_princesa

O curioso é a información que di que Euskadi queda no NorOeste de España. Ten tanta miga como a noticia de que Cannes quedaba en Galiza hai uns anos. Tanto estes "periodistas" británicos coma Cuchi_Cheira_a_can de enriba teñen a información dunha miñoca: donde está o burato e máis nada.

6 Caralludo

Pero menuda cutrez, agocharse en Ponferrada! Pero isto que é?? Imaxino que foi alí pola reivindicación territorial do Bierzo que fan estes taraos, pero a cousa cheira moi mal. Alá foi ao carayo po 30% de Resistencia galega.

1 Pingoso

Se aínda se metera no pazo de xustiza nos arquivos que están entre "asesinos do Metílico" e "asasinos da Neumonía atípica", aí seguro que ninguén ía revisar.

5 pois é

Nom entendo esta "nova", si é que se pode chamar assim.

4 Pastelao

Ao caldeiro com esta perigosa tarada!