A Xunta recorrerá a norma estatal que obriga a tributar pola venda de bens de herdanzas en vida

Obriga a pagar ata un millón de euros daqueles bens que se vendan antes de cinco anos.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/04/2022 | Actualizada ás 19:21

Comparte esta noticia

A Xunta recorrerá a Lei estatal de medidas de prevención e loita contra a fraude fiscal que obriga a pagar os correspondentes impostos por bens de herdanzas en vida de ata un millón de euros que se vendan antes de cinco anos.

Moedas e billetes de euro
Moedas e billetes de euro | Fonte: EP.

Así o informou o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, tras o Consello da Xunta, que deu o visto e prace ao acordo para interpor un recurso ao entender que a norma estatal, cando sostén que a venda antes de cinco anos dun ben transmitido en vida polo pacto sucesorio, implicaría unha fraude fiscal.

"Está a actuarse de forma inconstitucional", sinalou o presidente da Xunta quen precisou que se adopta esta medida ante a imposibilidade de chegar a un acordo e non frutificar, segundo expuxo, as negociacións.

"É unha norma que vulnera o principio de igualdade", engadiu. "Se se produce o falecemento si se pode e en vida non", puxo en cuestión o titular do Executivo galego, para quen se trata dunha decisión "sorprendente". Ademais, recalcou que para o Goberno galego invade as súas "competencias" nesta materia.

Para o Executivo galego, esta regulación estatal "descoñece" a natureza xurídica dos pactos sucesorios "e afecta o principio de igualdade ao penalizarse tributariamente ao que herda por pacto sucesorio respecto do que o fai por falecemento".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta