Declarada Festa de Interese Turístico de Galicia a Pascua de Padrón

Ten máis de 400 anos de antigüidade documentada.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/04/2022 | Actualizada ás 20:04

Comparte esta noticia

O Goberno galego deu luz verde á declaración como Festa de Interese Turístico de Galicia da Pascua de Padrón, unha vez examinada a solicitude presentada polo Concello, e emitidos os preceptivos informes no ámbito autonómico.

Esta celebración súmase así ás 128 Festa de Interese Turístico de Galicia, 35 na provincia da Coruña, 32 en Lugo, 20 en Ourense e 41 en Pontevedra.

Presentación del programa de fiestas de la Pascua de Padrón 2018.
Presentación del programa de fiestas de la Pascua de Padrón 2018.

A Xunta destaca que a Pascua de Padrón é unha celebración con máis de 400 anos de antigüidade documentada, que conxuga o compoñente relixioso propio da Semana Santa cun enorme arraigamento na poboación e cun alto valor cultural, derivado das múltiples actividades que se desenvolven en paralelo, con carácter comercial, cultural, deportivo ou gastronómico.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta