Rescatado un home cun brazo atrapado debaixo da roda dun coche en Vilanova

Descoñécese como sucedeu este accidente.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/04/2022 | Actualizada ás 10:21

Comparte esta noticia

Un home foi auxiliado para liberarlle un brazo atrapado debaixo da roda dun coche en San Miguel de Deiro, no municipio de Vilanova de Arousa.

Segundo informou o 112 Galicia, descoñécese como sucedeu este accidente, do que informou un veciño, alertado polos berros de socorro do ferido. Eran as tres da madrugada deste luns cando esta persoa comunicou a través do 112 Galicia a presenza dun home atrapado por un brazo baixo a roda dun coche.

O individuo atopábase na PO-549, preto da Igrexa de San Miguel de Deiro, onde acudiron os efectivos do Parque comarcal de Bombeiros de Vilagarcía de Arousa. Cando conseguiron liberar o ferido, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 prestáronlle os primeiros coidados antes do seu traslado a un centro hospitalario.

Ata agora, sinala o 112 as causas deste suceso seguen sen estar claras, aínda que os bombeiros comprobaron como ao freo de man do vehículo lle faltaba algún punto para quedar fixado completamente. Este operativo contou tamén coa colaboración dos voluntarios de Protección Civil e a axuda técnica do sistema móbil avanzado de localización, que permitiu dar co ferido rapidamente.

Traballadores de ambulancias do 061
Traballadores de ambulancias do 061 | Fonte: xunta.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta