Galicia dobra o número de viaxeiros en bus de hai un ano

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/04/2022 | Actualizada ás 10:37

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou 3,89 millóns de viaxeiros de bus interurbano en febreiro, o que supón un 51,5% máis que no mesmo mes de 2021, segundo os datos que publica este luns o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Deste xeito, encadéase un ano consecutivo de incrementos interanuais nos viaxeiros de autobús en Galicia, xa que o último dato negativo se produciu en febreiro de 2021. Así mesmo, a alza do 51,5% de febreiro é máis acusada que a media estatal, cuxo ascenso é do 37,7%, uns 14 puntos menos que o avance galego.

Na media do que vai de ano, os meses de xaneiro e febreiro, o transporte de viaxeiros de bus acumula unha subida do 39,2% en Galicia, neste caso un punto por baixo do dato medio entre comunidades, que é do 40,3%.

Parada de bus en Santiago
Parada de bus en Santiago | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta