Retoman a folga no transporte urbano de Ourense ante a falta de avances no novo convenio

Ademais, aseguran que "segue sen garantir a xornada diaria e non asume os incrementos do IPC da vixencia do Convenio que se negocia".

Por E.P. | OURENSE | 11/04/2022 | Actualizada ás 20:05

Comparte esta noticia

Os traballadores do servizo de transporte urbano da cidade de Ourense retoman o vindeiro mércores día 20 de abril a folga que xa levaran a cabo o pasado mes de xaneiro ante a falta de avances para a concreción coa empresa concesionaria dun novo convenio colectivo.

Comisións Obreiras criticou nun comunicado que "lonxe de achegarse as posturas" a empresa concesionaria "pretende rebaixar considerablemente as condicións alcanzadas". Ademais, aseguran que "segue sen garantir a xornada diaria e non asume os incrementos do IPC da vixencia do Convenio que se negocia".

O sindicato sinalou que esta actitude derivou no cansanzo dos traballadores e levounos a retomar a convocatoria de folga, que comezará o vindeiro mércores 20 de abril. Ademais, anuncian concentracións periódicas diante do Concello das que irán informando.

A folga afecta aos 125 traballadores da concesión, 96 condutores e o resto administrativos, inspectores, mecánicos e lava-coches.

Así mesmo, o Comité de Empresa pide desculpas aos usuarios do servizo polos trastornos que esta folga poida ocasionar e, á súa vez, apelan á solidariedade para mellorar as condicións dos traballadores que aseguran que repercutirán na mellora do servizo.

Autobús urbano do concello de Ourense
Autobús urbano do concello de Ourense | Fonte: Concello de Ourense.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta