Catro xuízas que exercen en Galicia ascenden a maxistradas nun acto dentro do TSXG

Por E.P. | A CORUÑA | 12/04/2022 | Actualizada ás 14:59

Comparte esta noticia

O presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), José María Gómez e Díaz-Castroverde, presidiu este martes o acto de ascenso a categoría de maxistradas de catro xuízas que exercen en órganos galegos, as cales seguirán nos seus destinos actuais.

Desta forma, Luz María Fernández de Landa Ponte, continuará como titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Cambados; Carmen Pastor Pinilla, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Ponteareas; Sonia Rey Salgueiro, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Betanzos; e Laura Fernández Carballo, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón.

Ao acto tamén asistiron o fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, a presidenta da Sala do Contencioso-administrativo do TSXG, Dolores Rivera; o presidente da Sala do Social, Luís Fernando de Castro; e a secretaria de Goberno, Concepción Otero, así como outros membros da Sala de Goberno do alto tribunal galego e o director da Escola Xudicial do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ), Jorge Jiménez Martín.

A Comisión Permanente do CGPJ, celebrada o pasado 3 de marzo, tamén acordou nomear maxistrado ao titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Monforte de Lemos, César Antonio Saco Figueiras, quen permanecerá no mesmo destino; e a Humberto Martín Martín, que exerce no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Negreira e pasará a servir a praza no Xulgado do Social número 2 de Ponferrada.

Acto de ascenso a maxistradas de catro xuízas. TSXG
Acto de ascenso a maxistradas de catro xuízas. TSXG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta