Unha residencia pública de Ferrol podería quedar sen persoal suficiente coa entrada da reforma laboral

CC.OO. denuncia que o Camf de Ferrol, orientado a persoas con discapacidade, podería sufrir baixas substanciais se o Imserso non se pon mans á obra para procurar máis persoal.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2022 | Actualizada ás 18:07

Comparte esta noticia

Nova denuncia da banda de CC.OO. contra o mal estado de determinados servizos públicos dependentes da administración estatal. Comisións vén de sinalar directamente o Centro de atención a persoas con discapacidade física de Ferrol, cuxos usuarios estarían "padecendo" a "mala praxe e falta de previsión do IMSERSO (Instituto de Maiores e Servizos Sociais)", responsable de dar o servizo público en cuestión.

CAMF Ferrol-Imserso
CAMF Ferrol-Imserso

A problemática vén pola reforma laboral aprobada polo Goberno, que segundo destacan dende o histórico sindicato establece a modificación do tipo de contrato e da súa duración, recollido no artigo 15 da norma e deixando un prazo de 3 meses para a súa entrada en vigor desde a súa publicación. Acontece que, segundo detacan, "a incidencia negativa da norma aplicada nos diferentes Centros de Atención a Persoas con Discapacidade Física, e en particular o CAMF de Ferrol, deixa unha situación de caos en materia de contratación para a cobertura do servizo". 

Dende CC.OO. non explicitan cales son os efectos concretos da norma comandada por Yolanda Díaz. Pero si apuntan que a súa entrada en vigor derivaría "nunha falta de persoal" que "nestes intres non permite levar a cabo o servizo as persoas durante 24 horas ao día, 7 días á semana e 365 días do ano se non se adoptan as medidas que en materia de contratación uxente lles afectan". Así, apuntan directamente a un déficit de persoal específico e de enfermería, de xeito que se atopan en "límites" nos que "difícilmente a cobertura de servizo se dará con plenas garantías".

DENUNCIAN PASIVIDADE

 

En concreto, Comisións cifra entre catro e cinco os postos vacantes en cada planta do CAMPF "se non se remedia a situación de maneira urxente e responsable". "Desde CCOO vimos plantexando esta problemática os máximos responsabales do IMSERSO, para ter unha previsión anticipada antes da entrada en vigor do Real Decreto-Ley 32/2021, coa fin de ter previsto un plan de choque frente a esta situación arrastrada no tempo", engaden.

Pero, aseguran, o IMSERSO, segue sen realizar as preceptivas contratacións, de xeito que carrexa o "deterioro do servizo", "tratándose de Centros de atención directa as 24 horas, con usuarias e usuarios de gran dependencia para o desenrolo da súa actividade cotidiá, que en situación de pandemia, con o sen confinamento, viñeron e veñen prestando servizos de forma presencial".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta