Os emprendedores en Galicia cambian de rumbo: máis empresas, menos investimento

As cifras do primeiro trimestre de 2022 constatan a viraxe dixital do mundo empresarial galego.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2022 | Actualizada ás 19:10

Comparte esta noticia

Galicia pechou o primeiro trimestre do ano coa creación de 1.099 empresas, un 4 por cento máis que no mesmo período de 2021, segundo as cifras de Informa D&B. Con todo, a pesar do incremento no volume de empresas constituídas, baixou o investimento para a posta en marcha de empresas un 9%.

En marzo, o número de creacións na Comunidade galega descende un 4%, ata 384, mentres que no conxunto do Estado produciuse un aumento do 3%. Por provincias, A Coruña e Pontevedra concentran a maioría das constitucións, con 488 e 417, respectivamente. Pola súa banda, Lugo e Ourense presentan datos similares, con 98 e 96 cada unha. Segundo Informa D&B, a compañía Macefou SL é a empresa con maior desembolso realizado creada este mes en Galicia con 6 millóns de euros.

Un smartphone ou móbil
Un smartphone ou móbil | Fonte: Fonte: Torsten Dettlaff en Pexels

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta