Os bombeiros 'confinan' os inquilinos dun piso de Narón tras declararse un incendio

O lume obrigou a manter os habitantes nas súas vivendas mentres se procedía á súa extinción.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2022 | Actualizada ás 20:09

Comparte esta noticia

Un incendio declarado nun cuarto de contadores dun edificio situado na rúa A Garda, no concello coruñés de Narón, obrigou a confinar aos veciños do inmoble como medida de seguridade mentres durasen os labores de extinción e ventilación por parte dos equipos de intervención.

Segundo trasladou o 112 Galicia, o incendio tivo lugar nun cuarto no que había varios contadores e, a pesar de producirse unha gran cantidade de fume, os servizos de emerxencia descartaron desaloxar o inmoble, que consta de nove pisos. O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias recibiu a alerta do incendio ás 14,45 horas deste martes a través dos Bombeiros de Narón, que informaban da súa saída ao incendio a petición dunha persoa particular. Así mesmo, os xestores do 112 requiriron a intervención da Policía Local, para manter as condicións de seguridade na zona.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: EDIMA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta