A Universidade da Coruña avanza posicións e sitúase entre as mellores do mundo

Ocupa o posto 438 das 4.364 institucións de educación superior avaliadas no ranking Scimago.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/04/2022 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

A Universidade da Coruña (UDC) ocupa o posto 438 das 4.364 institucións de educación superior avaliadas no ranking Scimago, que acaba de publicar os seus últimos datos, segundo informa o reitorado.

O Scimago Institutions é un ranking de institucións académicas e relacionadas coa investigación, clasificadas de acordo a un indicador que combina tres diferentes índices baseados nos resultados de Investigación, Innovación e Impacto Social. A edición de 2022 inclúe 4.364 institucións de Educación Superior, das que 74 son españolas.

Nesta edición, a UDC mellora 36 postos con respecto á anterior a nivel internacional, ocupando o posto 438, tamén mellora no ámbito estatal un posto, ocupando o lugar 35 de 74 universidades.

A Universidade da Coruña está entre o 23% das mellores universidades do mundo; entre o 20% se se atende só aos resultados de investigación e entre o 16% das mellores universidades de Iberoamérica.

No Sistema Universitario Español, a Universidade da Coruña destaca en innovación, área na que obtén a súa mellor posición histórica, co posto 25. Así mesmo, mellora en investigación chegando á posición 36 de España. No que respecta ás áreas de coñecemento, a UDC destaca a nivel estatal, especialmente en Enxeñaría Naval e Oceánica, ocupando o segundo posto. Sobresae tamén en Física e Astronomía (posto 9) e en Química (posto 10).

Dentro do Sistema Universitario Galego, a UDC ocupa a primeira posición en Bioquímica, Xenética e Bioloxía Molecular, Química, Enerxía, Ciencias Medioambientais e Física e Astronomía. Ademais, ocupa o segundo lugar en Galicia en Arte e Humanidades, Empresariais, Informática, Economía, Econometría e Finanzas, Enxeñaría, Medicina e Farmacoloxía, Toxicoloxía e Farmacéutica.

Vista xeral da Universidade da Coruña
Vista xeral da Universidade da Coruña | Fonte: UDC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta