O curioso "bico" de dous edís pontevedreses para apoiar o comercio local

Os concelleiros Yoya Branco e Iván Pontes aproveitaron o Día Internacional do Bico, que se conmemora este mércores, para unha curiosa escenificación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/04/2022 | Actualizada ás 16:43

Comparte esta noticia

Os concelleiros pontevedreses Yoya Branco e Iván Pontes aproveitaron o Día Internacional do Bico, que se conmemora este mércores, para escenificar un bico como apoio ao comercio local. O Concello de Pontevedra instalou unha 'Carpa do Amor' diante do Hospital Provincial. Ata alí achegáronse esta mañá a concelleira de Promoción Económica e Turismo e o concelleiro de Desenvolvemento Sustentable para inmortalizar o seu afecto.

Con este xesto, os dous edís socialistas, Branco e Pontes, convidaron á cidadanía a participar na campaña de apoio ao comercio local 'Captando un bico', que ofrece ao público a posibilidade de protagonizar unha mostra de agarimo con quen desexen, expresar o seu amor e levar de recordo unha fotografía gratuíta impresa dese momento tan especial.

Para iso, unicamente deberán entregar a cambio un ticket dunha compra realizada nalgún comercio da localidade. Os concelleiros pontevedreses víronse un pouco atafegados pola presenza dos fotógrafos, que lles insistían en que repetisen o bico "con máis paixón". Así, finalmente non foi un só bico, se non que houbo varios.

A 'Carpa do Amor' foi instalada pola firma Gesdigal, que deseñou un decorado no que a palabra 'bico' aparece en diferentes idiomas. Conta cun photocall onde a fotógrafa Fátima Fernández, coordinadora da actividade, encárgase de retratar ás parellas. Do mesmo xeito que fixeron os concelleiros do Goberno local, os cidadáns poderán optar por dúas opcións fotográficas: a dun fotomatón con forma de espello máxico, que permite levar xa unha imaxe impresa nese momento; e as que fará a fotógrafa, en formato 15x30, que poderán recoller nuns días, unha vez que estea revelada.

Campaña promoción do comercio de Pontevedra. CONCELLO DE PONTEVEDRA
Campaña promoción do comercio de Pontevedra. CONCELLO DE PONTEVEDRA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta