O PSdeG quere acurralar ao BNG pola súa postura coa guerra de Ucraína

O PSdeG pedirá que o Parlamento apoie o envío de armas a Ucraína tras días de críticas pola postura do BNG

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/04/2022 | Actualizada ás 16:08

Comparte esta noticia

O Partido Socialista de Galicia pedirá que o Parlamento de Galicia mostre o seu respaldo ao Goberno para que, no marco da Alianza Atlántica, continúe co endurecemento das sancións ao réxime do Putin, a axuda humanitaria e asistencia financeira, así como co envío de equipamento militar para que Ucraína "poida exercer o seu dereito á lexítima defensa".

Así mesmo, reclamará facer un chamamento ao presidente ruso, Vladimir Putin, para que sente con seriedade na mesa de negociación con Ucraína e poña fin de inmediato á guerra.

A proposición non de lei do socialistas, á que tivo acceso Europa Press, ten lugar nun contexto no que tanto o PSdeG como o PPdeG mostráronse críticos co Bloque Nacionalista Galego pola súa "postura ambigua" ante a guerra de Ucraína, formación que rexeita o envío de armamento e que se situou en contra da "escalada belicista" da OTAN. Deste xeito, os tres grupos políticos volverán a explicitar as súas posicións na votación desta iniciativa.

E é que estas diferenzas xa impediron a aprobación dunha declaración institucional conxunta para a súa lectura no pleno da Cámara galega celebrado a principios de marzo, sesión na que os nacionalistas rexeitaron apoiar un texto sobre o que si houbo consenso entre PSdeG e PPdeG.

A través dese documento, populares e socialistas explicitaban que existe unha agresión por parte de Rusia a Ucraína, que o Parlamento apoia as accións impulsadas polo Goberno de España e as Forzas Armadas Españolas, así como o compromiso cos dereitos fundamentais recollidos na Alianza Atlántica e na Constitución da Unión Europea, entre outras cuestións. Tras iso, o Bloque trasladou ao resto dos grupos un texto alternativo e acusou ao PP e ao PSOE de "utilizar a dor dun pobo, os mortos e os refuxiados desta guerra para atacar ao Bloque".

Ademais, a pasada semana, o secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage, pediu á líder do Bloque, Ana Pontón, que desautorizase ao deputado no Congreso Néstor Rego, que non aplaudiu o discurso do presidente ucraíno, Volodímir Zelenski, na Cámara baixa. Ademais, Lage afeoulle ao parlamentario do Bloque que chegase a "pór en dúbida a veracidade do masacre de Bucha".

"ADMIRACIÓN" POLA CORAXE DE ZELENSKI

Precisamente, na exposición de motivos da iniciativa, os socialistas censuran a violación sistemática dos principios máis básicos da humanidade recollidos na orde internacional e sinalan que "atrocidades como as de Mariupol ou Bucha" producen "o maior sentimento de indignación e repulsa". "Son crimes de guerra que non poden nin deben quedar impunes", apunta.

Ademais, considera que a intervención do presidente ucraíno, Volodímir Zelenski, ante o Congreso dos Deputados o pasado 5 de abril reafirma aínda máis "a admiración" pola coraxe co que o presidente, o seu goberno e o pobo ucraíno "defenden a liberdade e a democracia".

Soldados na guerra que Rusia lanzou contra Ucraína
Soldados na guerra que Rusia lanzou contra Ucraína | Fonte: Cope-EFE.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 anonimo

O mundo ao revés. Rusia invade Ucrania para anexionala. Pero resulta, segundo algún, que os mortos os poñen na estrada os propios ucranianos. E o de sempre, lanza bulos, que sempre haberá algún que os crea. A ver, outra vez mais, Rusia invadiu Ucrania e provocou miles de mortos e millóns de desplazados.Non foi Ucrania quen invadiu Rusia ¿ E tan difícil de entender algo tan sinxelo?

3 z de ZARDOF

eu son partidario de Z non son pacifista!!! --- deixo un video que demostra que o de bucha e o de mariupol ises mortos polas estradas foron feitos por ucraninos nazis O VIDEO E DE PATRICK LANCASTER (maiores 18 anos) isto non o veredes nos xornais da porcallada de expaña sobre todo o xornal nazista o pais ----> mariupol estrada da morte ---> https://www.youtube.com/watch?v=dUa...

2 Uncalquera

Puro oportunismo e cutre. Paréceme tremendo que non se poida reclamar unha posición de neutralidade, sen máis. Que non se poida facer apuntes dos excesos de quen os comete e que se poida referir e analisar as causas da guerra e que non se poida estar en contra de favorecer a escalada bélica. O estás co rexime 100% ou es inimigo! Viva a socialdemocracia e o centrodereita reformismo.

1 Gamela

Aínda que todos podamos ter dúbidas en tempos de confusión (dende o inicio da pandemia levamos 2 anos con demasiadas preguntas sen resposta) deberamos ten claro quen agrede e quen é o agresor (alomenos parece) Se queredes enviarlle unha mensaxe aclaratoria a Néstor Rego en Semana Santa para Reflexionar sobre o tema = https://twitter.com/00Memoria/statu... Onte escoitei algo razonable: nos discursos de Zelensky é curioso comprobar como ante o Congreso de EE.UU falou do ataque a Pearl Harbour, ante as Cortes de España falou de Gernika, pero no discurso en Xapón non falou de Hirosima nin de Nagasaki (senon de Fukushima) ¿quen lle escribiu o discurso? De calquera xeito hoxe Putin está falando de despregar armas nucleares no Báltico o BNG-UPG debera resolver as súas dúbidas existenciais Se tal, pregúntamoslle a Paco Rodríguez que garda un Silencio Espeso !

1 Medias verdades!

Esquezer deliberadamente que falou tamén ante o parlamento grego faite igual que aqueles contra os que dis loitar.

2 Gamela

Sintoo pero non tiña nin idea do asunto grego (un non pode saber de todo) https://www.huffingtonpost.es/entry... Claro que se a conclusión é que Zelenski e o Goberno de Ucraína son NeoNazis deberamos facerlle un monumento a Putin e á Política do Kremlim neste asunto (?) Cousa complicada, semella aquel conto de que todos van en contradirección na autoestrada... especialmente se analizamos a política interna de Rusia nos últimos 20 anos... case o mesmo da de China... (?)