Declaran extinguido o incendio forestal no Concello de Ames

O lume afectou a vinte hectáreas arboradas da parroquia de Covas.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 17/04/2022 | Actualizada ás 09:55

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural informa de que quedou extinguido o incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Ames, parroquia de Covas.

Incendio forestal
Incendio forestal | Fonte: TVG.

O lume iniciouse ás 18,42 h. da tarde de onte e foi extinguido ás 2,56 h. da madrugada. Segundo as últimas medicións, afectou unha superficie de 20 hectáreas arboradas. Para o seu control mobilizáronse en total 5 axentes, 14 brigadas, 8 motobombas, 1 pa, 4 avións e 3 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta