O BNG rexistra unha proposición non de lei para a creación dun novo xulgado de primeira instancia de familia

O deputado ourensán do BNG Iago Tabarés, omo consecuencia da "elevada carga de traballo e do elevadísimo rendemento da oficina xudicial", o Xulgado actual presenta unhas taxas de dependencia "moi superiores á media".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/04/2022 | Actualizada ás 13:58

Comparte esta noticia

O grupo parlamentario do BNG rexistrou na Cámara galega unha proposición non de lei co obxectivo de instar á Xunta a impulsar as actuacións necesarias para o incremento da planta xudicial no partido xudicial de Ourense, mediante a creación dun novo xulgado de primeira instancia para a súa especialización de familia e capacidade das persoas.

Nunha nota de prensa, o deputado ourensán do BNG Iago Tabarés asegurou que esta é "unha vella demanda" dos nacionalistas e tamén de "diferentes colectivos e operadores xurídicos de Ourense". Ademais, engadiu que o Xulgado de Primeira Instancia número 6 do partido xudicial de Ourense "soporta desde hai anos unha elevadísima carga de traballo que excede o máximo establecido polo Consello Xeral do Poder Xudicial".

Así, o BNG destacou que o propio CGPJ estipula nun máximo de 1.323 o número de asuntos que podería soportar un Xulgado de Familia, e o de Ourense, segundo os datos do propio Consello, rexistrou en 2021 un total de 2.292.

En opinión de Tabarés, como consecuencia da "elevada carga de traballo e do elevadísimo rendemento da oficina xudicial", o Xulgado presenta unhas taxas de dependencia "moi superiores á media", polo que, sinala, "resulta incomprensible que a Xunta non propoña a creación dun novo Xulgado de Primeira Instancia no partido xudicial de Ourense".

Así mesmo, o deputado lamentou que a finais do mes de marzo de 2022 a Comisión Mixta de Xustiza en Galicia acordase propor ao Ministerio de Xustiza a creación de sete novos órganos xudiciais, un número "extraordinariamente superior" aos creados na última década e, a pesar diso, non consideraron necesario incrementar a planta xudicial de Primeira Instancia no partido de Ourense.

O deputado do BNG, Iago Tabarés. BNG
O deputado do BNG, Iago Tabarés. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta