Premio Valedora do Pobo para catro mulleres polos seus traballos sobre igualdade de xénero

Durante a presentación destes premios, a Valedora do Pobo destacou que "está ben" celebrar que existe unha "canteira" no tema de igualdade, pero apostilou que "non debemos relaxarnos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/04/2022 | Actualizada ás 14:11

Comparte esta noticia

O paraninfo da Universidade da Coruña (UDC) acolleu este luns a entrega de premios Valedora do Pobo para traballos de fin de grao e fin de máster, que recaeron en catro mulleres.

Ao acto asistiron a Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño; a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana; o reitor da UDC, Julio Abalde, e o da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, así como as autoras dos traballos premiados.

Durante a presentación destes premios, a Valedora do Pobo destacou que "está ben" celebrar que existe unha "canteira" no tema de igualdade, pero apostilou que "non debemos relaxarnos".

Neste sentido, a conselleira explicou que a igualdade ten que traballarse de maneira "trasversal", aínda que incidiu en que, "fundamentalmente", a prevención comeza coa educación desde as escolas e "sobre todo" na universidade.

Lorenzana explicou que é "básico" que a coeducación e os valores en materia de igualdade de xénero "calen entre a mocidade" porque estes mozos formarán unha nova sociedade.

PREMIADAS

Este premio nace do convenio asinado polas universidades coa Valedora do Pobo coa intención de promover un "corpus" que fomente a abordaxe científica e a investigación académica en temática de igualdade.

O traballo de Sara González dá voz ás mulleres afectadas polo amianto, sobre todo en relación co lavado de roupa dos seus maridos ás cales a seguridade social "non lles recoñece nada" porque non son traballadoras.

Manuela Blanco, pola súa banda, visibiliza no seu estudo ás coidadoras de persoas dependentes no rural e Ana Feijóo relata os estereotipos que aínda están presentes nas mulleres deportistas, especialmente na alterofilia. No caso de Raquel Fernández, o seu traballo analiza o devir do movemento feminista en Galicia durante a transición.

O catro traballos premiados teñen unha dotación económica de 1.000 euros e a publicación na web da Valedora do Pobo no seu espazo 'Falamos de feminismo'

As premiadas, Sara González, Manuela Branco, Ana Feijóo e Raquel Fernández
As premiadas, Sara González, Manuela Branco, Ana Feijóo e Raquel Fernández | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta