Pedro Puy ve necesario "reducir os prazos" para que a Xunta estea en funcións menos de "dúas semanas"

Segundo indicou o portavoz parlamentario do PPdeG: "a vontade do Grupo Parlamentario Popular é facilitar que ese proceso se faga no prazo máis breve posible".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/04/2022 | Actualizada ás 16:28

Comparte esta noticia

O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, asegurou que os prazos que marca o regulamento da Cámara galega para a elección do novo presidente da Xunta, en substitución de Alberto Núñez Feijóo, poderanse "reducir" de tal forma que "en ningún caso superen as dúas semanas de goberno en funcións".

Nunha rolda de prensa celebrada este luns, o dirixente popular sinalou que, "unha vez que se produza" a dimisión de Feijóo, o Grupo Parlamentario Popular "está disposto a acelerar e reducir" estes prazos para facer a substitución "coa maior celeridade posible" para que o período que vai desde a dimisión de Feijóo ata a toma de posesión do próximo presidente, "que é o único que hai tecnicamente en funcións", sexa o máis breve posible.

Segundo indicou, "a vontade do Grupo Parlamentario Popular é facilitar que ese proceso se faga no prazo máis breve posible". "O grupo parlamentario fará o que teña que facer para acomodarse á nova etapa", insistiu Puy, que subliñou que o próximo líder da formación "terá man libre" para adoptar as decisións que considere oportunas.

Neste punto, preguntado sobre o seu futuro, asegurou que tanto el como o resto dos deputados estarán a "disposición do que estableza o partido unha vez que se poña en marcha o proceso de substitución do liderado no partido e a Xunta".

"O meu ánimo é o mesmo que teñen todos os responsables do PP e todos os membros do grupo parlamentario, que é facer as cousas ben", apuntou Puy, que tamén afirmou que entre os líderes provinciais hai "máxima responsabilidade" para continuar cun proxecto "avalado pola maioría social".

"Creo que para aqueles que estaba que houbese unha pelexa no Partido Popular e que non houbese acordos e responsabilidade, teño malas noticias. Todo o partido está a comportarse de forma absolutamente responsable", apuntou.

O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, en rolda de prensa. PPDEG
O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, en rolda de prensa. PPDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta