A CIG convoca unha decena de mobilizacións para reclamar medidas ante a inflación

Terán lugar en varias cidades este mércores.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/04/2022 | Actualizada ás 18:09

Comparte esta noticia

A CIG convoca unha decena de mobilizacións este mércores, 20 de abril, para reclamar medidas ante a subida de prezos existentes. A central sindical demanda, ante a pobreza, políticas públicas e salarios dignos. Na concentración da Coruña, que se celebrará ante a Delegación do Goberno (12,00 horas), participará o secretario xeral da CIG, Paulo Carril.

O resto de mobilizacións realizaranse en: Ferrol, Compostela, Ribeira, Lugo, Ourense, Vigo, Pontevedra e Vilagarcía. Todas serán ao mediodía, salvo as de Ourense (11,00 horas) e Lugo (12,30). A CIG considera "indecente" que o Goberno central acorde aumentar un 2% o PIB en Defensa, sen dar unha solución á "carestía de vida e ás graves carencias e necesidades sociais, en servizos públicos e en defensa do emprego digno".

Concentración de delegados da CIG. CIG
Concentración de delegados da CIG. CIG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta