Británicos, portugueses e alemáns mercan vivendas en Galicia tras a pandemia

A compravenda de vivendas por estranxeiros aumenta en Galicia un 9,2%.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/04/2022 | Actualizada ás 11:06

Comparte esta noticia

A compravenda de vivenda libre por estranxeiros aumentou en Galicia un 9,2% na segunda metade de 2021, a unha grande distancia da media estatal do 41,9% interanual, segundo os datos do Centro de Información Estatística do  Notariado (CIEN).

O alcalde de Cortegada na aldea abandonada de A Barca
O alcalde de Cortegada na aldea abandonada de A Barca

De feito, nese segundo semestre do ano pasado, Galicia foi a comunidade autónoma que experimentou un menor incremento neste tipo de operacións. Paralelamente, nesa segunda metade de 2021, os prezos do m2 medraron un 6,5% con respecto ao mesmo período de 2020, fronte a unha media estatal do 14,3%.

En canto á nacionalidade de quen protagonizou as 667 compravendas rexistradas nese período en Galicia, tanto alemáns e portugueses representan o 19%, e os británicos, o 18% das realizadas por estranxeiros non residentes; e portugueses e británicos, o 10% e 9%, respectivamente, das efectuadas por estranxeiros residentes.

Por outra banda, a nivel estatal, a compravenda de vivenda libre por estranxeiros aumentou un 41,9% interanual na segunda metade do ano. Ese incremento está moi condicionado polas caídas do segundo semestre de 2020, que reflicten á súa vez os efectos da pandemia Covid-19. Rompendo a tendencia co semestre anterior, onde o peso das compravendas por parte de estranxeiros descendera por baixo do 16%, as operacións efectuadas por estranxeiros representaron un 18,6% do total de compravendas a nivel estatal, en liña coa media entre 2012 e 2019 (18,7%). 

A compravenda de vivenda libre por parte de estranxeiros incrementouse un 41,9% interanual, ata as 63.934 operacións, tras o acusado retroceso rexistrado na primeira metade (-37,3%) e a segunda metade (-10,8%) do ano 2020. Os estranxeiros residentes realizaron o 54,8% das compravendas, aumentando nun 27,4% interanual. O restante 45,2% das operacións foron de non residentes, elevándose un 64,5%.

Unha aldea abandonada de Viveiro a punto de ser vendida por un portal que vende ao estranxeiro
Unha aldea abandonada de Viveiro a punto de ser vendida por un portal que vende ao estranxeiro | Fonte: XdM

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta