Poden ser 100.000 as persoas usuarias do carril bici na Coruña?

Delas, 41.600 terían entre 25 e 44 anos, a franxa de idade máis afeccionada a utilizar a bicicleta.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 19/04/2022 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

Abril é sinónimo de actividades ao aire libre e, ben entrada a primavera e cunhas temperaturas máis agradables. Por iso, moita xente prefire utilizar a bicicleta a pesar de que Galicia aínda non está moi preparada para o uso deste medio de transporte. Con todo, na Coruña, a cidade co maior número de carrís bici do país, xa son unhas 99.000 as persoas que utilizan a bici de forma habitual na Coruña.

Carril bici, nunha imaxe de arquivo
Carril bici, nunha imaxe de arquivo | Fonte: EP

Esta é a estimación realizada por Kelbet, que comparou os datos da 'Enquisa europea de saúde de España', publicada polo INE, coas cifras de poboación de cada territorio. Deste xeito, os coruñeses que máis utilizan a bicicleta están nun rango de idade entre os 25 e os 44 anos, representando na Coruña unhas 41.600 persoas.

Segundo este informe, na coruña entre os 15 a 24 anos unsan a bicicleta 17.700 persoas, de 25 a 44 anos son 41.600, de 45 a 64 anos son 30.900 persoas e de máis de 65 anos serían

8.800 persoas.  Por xéneros, os homes son os que máis a empregan; 75.700 fronte a 

23.300 mulleres. 

Kelbet realiza a súa estimación baséase tamén na Enquisa de Orzamentos Familiares do INE para concluír que o gasto en bicicletas na Coruña é de 5,6 millóns de euros. "Se tomamos como referencia un custo mínimo de 250 euros por unidade, o número de novas bicis anuais podería ascender ás 22.300 unidades", aclara. Con todo, trátase dun cálculo optimista, xa que o rango de prezos é moi amplo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta