Feijóo terá que responder pola suba da inflación en Galicia, superior á media do Estado

A oposición avanza as principais liñas do último pleno deste mes de abril.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/04/2022 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

A alza da inflación en Galicia por encima da media do conxunto do Estado e as posibles medidas fiscais que a Xunta porá en marcha para facer fronte á situación actual centrarán as preguntas da oposición ao aínda presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no próximo pleno da Cámara galega.

A sesión plenaria, que terá lugar os próximos días 26 e 27 de abril, incluirá a comparecencia a petición propia do vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Francisco Conde, para abordar os resultados da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) 2014-2020. Ademais, no pleno, tal e como figura na orde do día acordada este martes na Xunta de Portavoces, tamén se debaterá a toma en consideración do proxecto de Lei do Ciclo Integral da auga, un texto ao que tanto BNG como PSdeG presentaron senllas emendas á totalidade.

Reunión da Xunta de Portavoces celebrada o 19 de abril de 2022. PARLAMENTO DE GALICIA
Reunión da Xunta de Portavoces celebrada o 19 de abril de 2022. PARLAMENTO DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta