Tres vítimas mortais nas estradas galegas durante a Semana Santa

É o mesmo número que o ano pasado e unha máis que na última campaña prepandemia, a de 2019.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 19/04/2022 | Actualizada ás 15:44

Comparte esta noticia

As estradas galegas pecharon a operación especial de tráfico de Semana Santa con tres vítimas mortais, as mesmas que o ano pasado e unha máis que na última campaña prepandemia, a de 2019. Así o informou a Delegación do Goberno en Galicia, que indica que o tráfico aumentou no noroeste da península Ibérica ata un 11% en momentos puntuais da Operación Saída con respecto ao último exercicio antes da pandemia.

O delegado do Goberno en Galicia en dependencias da DXT
O delegado do Goberno en Galicia en dependencias da DXT | Fonte: Delegación do Goberno.

Os tres falecementos rexistráronse na provincia da Coruña. Dous deles foron por atropelo: unha muller de 82 anos na Laracha e outra de 71 en Cabanas. O terceiro sinistro mortal cobrouse a vida dun mozo de 19 anos tras unha saída de vía nunha travesía de Carballo.

Galicia sumou 267 accidentes no período de Semana Santa, dos que 60 sinistros saldáronse con feridos leves, catro feridos graves e tres vítimas mortais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta