Abanca Galega, probábel novo nome de Novagalicia

A entidade é titular ou está tramitando numerosas variacións sobre o nome "Abanca", tanto rexistrando dominios da Internet como solicitando marcas na Oficina Española de Patentes.

Por M.V. | Santiago | 22/06/2014 | Actualizada ás 10:34

Comparte esta noticia

A nova denominación de Novagalicia Banco é o segredo máis protexido do plan de negocio de Banesco. Con todo, existen varias pistas que apuntan a que Abanca pode ser o nome escollido.

Posíbel novo logotipo de Abanca
Posíbel novo logotipo de Abanca | Fonte: @cocodrilodos

A primeira pista é unha foto dunha oficina de Novagalicia, cun letreiro tapado pero no que se pode intuír debaixo do plástico as letras de "Abanca". A imaxe foi publicada en Twitter polo xornalista Jorge Alonso Álvarez, que tamén publica unha imaxe do que sería o novo logotipo, procedente do rexistro oficial de marcas. Nas redes sociais tamén circula a información de que varias oficinas teñen novos letreiros, tapados como o da imaxe.

A hipótese de "Abanca" gaña peso ao consultar a Oficina Española de Patentes y Marcas. Abanca de Galicia e Abanca Galega son dúas das 20 marcas que aparecen a nome Caixa De Aforros De Galicia Vigo Ourense e Pontevedra no rexistro oficial. Hai outros, como Abanca Corporación que están en trámite tras seren solicitados este anos.

Deses 20 nomes xa rexistrados, os únicos que parecen plausibles para bautizar unha nova entidade son as variacións de Abanca, o resto ou xa foron utilizados (Novagalicia Banco, etc.) ou non cadran para unha entidade financeira tradicional.

Abanca de Galicia e Abanca Galega foron rexistrados a finais de 2010, despois da fusión das caixas. Trataríase pois dun nome xa estudiado como posíbel alternativa. 

Posíbel novo logotipo de Abanca
Posíbel novo logotipo de Abanca | Fonte: cocodrilodos

Esta posibilidade confírmase aínda máis no Who Is, a base de datos que publica os nomes dos titulares dos dominios de internet. Entre os 81 rexistros a nome de NCG Banco están abancagalega.com (renovado este xaneiro), abancadegalicia.com (renovado este xaneiro), abancadegalicia.org (renovado en marzo), abanca.com (renovado en xuño) e abanca.net (renovado en xuño). Varios destes identificadores teñen activada a opción que permite ocultar o nome do titular, aínda que as IPs apuntan a servidores de NCG Banco.

A entidade financeira ten previsto, en principio, desvelar o seu novo nome este xoves. O banco fixo onte unha exhibición de poderío ao xuntar 4.800 empregados na Coruña para explicarlles o novo plan de negocio, aprobado pola UE este xoves.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

4 Non vai mais

Abanca GAna, coma sempre porque a ruleta está trucada. Fagan as suas apostas.

3 Lelo

Será A Banca Galega, digo eu?

1 Lula

Mais ben somos os galegos os Abancados.

2 xaab

Non creo. Penso que se vai quedar con "ABanca" pois a súa intención é facer un banco para o norte de España. A antiga NGC non vai ser so galega.

2 ixtlan

O problema é se esa renomeada entidade será capaz de facer esquece-la estafa multimillonaria de preferentes e subordinadas que arruinou e deixou na desesperanza a tantas familias galegas. O resto é paisaxe.

1 Artur2.

Pódese chamar ANOVA BANCA, algún velliño poríase moi ledo

1 Comunista

O voso é obsesivo...

2 Anovo

O nome mais axeitado sería Banca Neófita Galega (BNG),así utilizando esta sigla, faria desaparecer de súpeto o que hai tempo no para de caer

3 eusi

Isto xa é de psiquiátrico con saida restrinxida de por vida. Que cansinos os PPaifocos e os que lles fan as beiras a toda esta m_rda espanholeira. Suicidádevos dunha vez.