O Parrote da Coruña abrirase ao baño este verán

A autoridade portuaria subliña que é un lugar de "enorme tradición" de baño que foi "historicamente unha praia".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2022 | Actualizada ás 13:34

Comparte esta noticia

O presidente da Autoridade Portuaria, Martín Fernández Prado, anunciou que este verán o baño libre nunha zona "debidamente balizada" estará permitido no Parrote, na Coruña. O responsable explicou que se trata dun espazo de "enorme tradición" de baño que foi "historicamente unha praia" e o obxectivo é darlle "seguridade e calidade".

A preguntas dos medios durante o acto de presentación da oficina itinerante da Xunta que ofrece asesoramento ás familias de refuxiados ucraínos que residen en Galicia, o presidente destacou que "o balizado é o primeiro e o máis importante" e engadiu que deber ser tratada como "unha zona máis de baño, como calquera praia ou espazo fluvial".

Fernández Prado recalcou que este verán se permitirá o baño pero "non haberá ningunha instalación auxiliar" e incidiu en que a obra completa "con plataformas" estará operativa no ano 2023.  O presidente indicou tamén que o Porto da Coruña "non perde operatividade portuaria" por habilitar esta área. Fernández Prado sinalou que a Autoridade Portuaria colabora neste proxecto, cuxo financiamento é "cento por cento autonómico".

Paseo do Parrote, porto da Coruña
Paseo do Parrote, porto da Coruña | Fonte: Architonic

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta