O cartel do 'Morriña Festival' contará con Black Eyed Peas, Franz Ferdinand e Crystal Fighters

A alcaldesa Inés Rey anunciou, ademais, que durante os días do festival haberá un escenario nos exteriores do recinto con actuacións gratuítas aínda por concretar.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/04/2022 | Actualizada ás 16:43

Comparte esta noticia

A 'Morriña Festival' celebrarase os días 15 e 16 de xullo no Estadio de Riazor e contará coa actuación de Maluma, Black Eyed Peas, Franz Ferdinand e Crystal Fighters, entre outros artistas.

A alcadesa da Coruña, Inés Rey, presentou este xoves un evento musical que devolverá as grandes actuacións ao Estadio de Riazor tras 29 anos. No acto, Rey estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o codirector do evento, Álvaro Yáñez.

O cartel do festival está encabezado por Maluma, Black Eyed Peas, Franz Ferdinand e Crystal Fighters. A lista de actuacións complétana Duki, Lost Frequencies, Xoel López, Lola Índigo, Viva Suecia, Funzo & Baby Lous, Veiga e Belén Aguilera.

Inés Rei sinalou que este evento "non só será unha cita de referencia a nivel galego, senón que aspira a selo tamén a nivel nacional" e lembrou que o Estadio de Riazor leva desde o ano 1993 sen albergar grandes actuacións musicais. A alcaldesa anunciou, ademais, que durante os días do festival haberá un escenario nos exteriores do recinto con actuacións gratuítas aínda por concretar.

CASE 30.000 ESPECTADORES

Riazor acollerá a case 30.000 espectadores por día. En consecuencia, o delegado sinalou que este evento --enmarcado na celebración do Xacobeo 21/22-- debe estar acompañado do "sentidiño do que Galicia fixo gala como arma de combate e prevención contra o covid".

O codirector da 'Morriña Festival', pola súa banda, destacou que se trata unha aposta "moi importante e moi arriscada" que estará "por encima" das expectativas e que este venres se desvelará outro dos grandes artistas "cabeza de cartel, de renome global" que participará no evento. "Está entre o cinco artistas máis escoitados de toda España", avanzou.

As entradas poranse á venda o próximo 28 de abril, pero existe un servizo de preventa que estará dispoñible a través da web do festival a partir do día 26 de abril. Os abonos terán un custo de 49 euros, máis gastos.

A alcadesa da Coruña, Inés Rei, presentou este xoves no estadio de Riazor a 'Morriña Festival', acompañada polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o codirector do evento, Álvaro Yáñez. ANDY PÉREZ
A alcadesa da Coruña, Inés Rei, presentou este xoves no estadio de Riazor a 'Morriña Festival', acompañada polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o codirector do evento, Álvaro Yáñez. ANDY PÉREZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta