Persoal médico alerta dun aumento na incidencia da covid entre maiores de 60 anos

A retirada das máscaras chega chega nun momento de "inseguridade" polo "temor" das novas variantes, como é a XE.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/04/2022 | Actualizada ás 13:36

Comparte esta noticia

O portavoz da Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia, o lucense Lorenzo Armenteros, avisa dunha "sensación irreal de que a pandemia concluíu, pero os datos non levan por ese camiño" dado que "a incidencia se incrementou estes días". Tanto é así que "os contaxios aumentaron un 43 por cento e a incidencia entre maiores de 60 anos subiu ata un 9%", razoa.

Lorenzo Armenteros argumenta que esa maior incidencia entre maiores de 60 anos obedece a que é sobre ese segmento de poboación onde se "mide" a incidencia de casos activos de covid. O facultativo lucense critica "o apagamento informativo que se produciu desde o 24 de marzo", no que se deixou de reportar datos. "Outro elemento de risco é que valoramos a incidencia da pandemia cunha información parcial", sostén.

O portavoz da Sociedade Española de Médicos Xerais puxo o acento en que non hai unha "información completa no caso de contaxios, nin diagnósticos por tests ou antíxenos porque desapareceron das estatísticas de moitas comunidades autónomas". E é que se se disparan os contaxios entre os maiores de 60 anos, "o lóxico é que se incrementase noutro tipo de poboación".

NOVA VARIANTE XE

Así mesmo, alertou dunha nova variante da covid, a cal, aínda que non se detectou en España, xa "circula" por Europa. "Temos o temor das novas variantes, como é a XE, unha variante aínda non detectada en España pero circulante por Europa, que é unha mestura da variante ómicron e ómicron silenciosa que parece que ten máis perigo que as que actualmente coñecemos", expón. "Estamos nese marco que non nos dá ningunha seguridade para o que ocorreu agora que foi retirar a obrigatoriedade das máscaras", lamentou.

Finalmente, Armenteros apelou a que "é necesario que toda a poboación coñeza a dimensión da enfermidade nun momento tan crítico como é a desaparición das máscaras". "Se non é así, non teremos a información suficiente para comportarnos con esa responsabilidade que nos delegaron as autoridades sanitarias para usala ou non usala, pero para iso temos que ter a información suficiente e ver o risco que podemos correr nós ou a xente que está ao noso ao redor cunha información real e ordenada par ver a dimensión total", conclúe.

Persoas maiores
Persoas maiores | Fonte: Ana Varela - Xunta de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta